Venancio das pitas

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Venancio das putasCita2.png
Google sobre Venancio das pitas

Venancio das pitas
Venancio pitas.jpg
Información
Nacemento 19 de xaneiro de 1889
CartelleBandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento NS/NC
CelanovaBandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Bandoleiro social
Cónxuxe Moitas rapazas.
Cita1.pngUn peligroso paleto anarcolibretistaCita2.png
Francisco Vázquez sobre Venancio das pitas.

Venancio das pitas foi un ladrón bo e xeneroso que andivo a principios do século XX polas comarcas de Celanova e de Ribadavia predicando o amor libre e o comunismo libertário (ou anarquismo).

Vida e obrasEditar

Venancio naceu da criada dun pazo en Sande, Cartelle, a súa nai foi despedida polo señor/amante do pazo e ficaron na miseria maísabsoluta durante anos, a pesar diso venancio saíu adiante grazas a ler a Nietzsche mentres mordía croios imaxinando que eran barras de pan e guiándose polas Xáns do Arnoia deu en atopar pebidas de ouro nas areas do río, cando as foi vender foi acusado inxustamente de roubarllas a Jean Valjean e como non tiña pra pagar a ningún avogado (por culpa das leis do tataravó de Garzón) foi xulgado e metido na prisión de Celanova.

Para fuxir da cadea fíxose pasar por doente, e como o médico o daba por pedido pediron pra el a extremaunción, vindo unha mulle rtalibán a darlle a preparación do sacramento co seu típico burka, Venancio aproveitou e deixouna sen sentido e vestindo as súas roupas (que o agachaban todo) saíu ao exterior, debido a que non tiña nin amigos nin familia botouse aos camiños, pero como inda non viñera Manuel Fraga a reinventar o Camiño Xacobeo pois acabou piro do que estaba collendo neumonía e como non tiña pra chamara oa médico(por culpa dos recortes sanitarios) roubou unha botica en Cortegada de baños e chamou a un curandeiro, que tras invocar aos Lares Viales curou de todo.

 
Venancio das Pitas paseando polas congostras de Ramirás.

Xa co novo oficio de ladrón, Venancio comezou a vivir dos demais, pero cedo viu que aquelo era inxusto, así como a situación dos galegos pra tentar mellorar o país comezou a súa cruzada de distribución da riqueza pra xerar un PIB forte, roubando aos ricos e axudando aos pobres e miserentos,asúa política tivo moito éxito pero como era atacado pola FAES constantemente tivo que buscarse varios apoios e xuntou unha banda de ladrósn bós. Con estes bandidos sociais venancio das pitas truncou o camiño miserento da Galicia de principios do século XX facéndooa mellorar.

Entre as súas grandes obras destacan:

  • Cando estando preso en Bande convenceu ao gardián de que lle deixara ir roubar ao alcalde feixista e logo voltaba ao cárcere pra que non culpasen ao garda, así se fixo e logo o alcalde dixo que venancio da spitas lle fora roubar e cando foi á prisión alí estaba e desde entón todo o mundo pensou na maldade do alcalde e perdeu as eleccións(e iso que facían trampas nelas da Restauración Borbónica).
  • En Outomuro(Cartelle) deu cunha labreguiña que traía un real e pasando por alí Venancio das pitas llo pediu prometéndolle que áo día seguinte lle deixaría no mesmolugar onde se atopaban o dobre d ecartos que ela lle deixara,como así foi.