Paio de Asturias
Don Pelayo (en galegu: Don Paio, baixo-latín Pelagius, en castelán e castrapo Pelayo) foi un asturtzale que atacou á garda civil de Al-Ándalus en Covadonga e conseguiu independizar de España a Asturias, Cantabria e Lugo e dando lugar a outro país que acabou destruíndo ao país sureño.
Don Paio | |
---|---|
Nacemento | posiblemente en 718? NS/NC |
Falecemento | 737. |
TraxectoriaEditar
Segundo o Cronicón Maricón Paio era fillo do Conde Pelagatos, un lambecús da corte do rei visigodo Moirico II de Toledo, que fuxiu cando a guerra civil entre witizanos e rodriganos á costa atlántica para alzar ás tribos etarras contra o centralismo pero cando baixaba con elas descubriu con horror que o exército de regulares de Ceuta e Melilla ao mando do xeneral Franco gañara a guerra xa e déranlle o trono ao rei do Imperio Árabe asi que tivo que dar media volta e refuxiouse nos Picos de Europa onde Paio educouse cos tataranetos de Corocotta. E cando anos despois subiu ata alí o delegado do goberno español á súa praia nudista botouno fóra, o delegado do goberno subiu cun exército e Paio refuxiouse nunha cova alí invocou á deusa Navia e masacraron con croios ao exército godo enviado desde Toledo.
Cando os restos deste exército regresaron á capital había outro xefe e demasiadas pelexas entre os árabes e moros polo poder asi que Paio aproveitou para aliarse coas tribos viciñas e gobernar durante vinte anos trala protección dos Picos de Europa e dos Ancares casando con varias fillas de condes e duques dos caciques da periferia astur, así xuntou un harém con galegas e vasconas que lle deron moitos fillos e problemas de cabeza que solucionou dándose de cabezazos en Covadonga ata caer morto.
En Galicia aliouse cos condes Orcca (Mariña Lucense) Senón (Lugo central) e Kakarotto (Costa da Morte), cada un enviou a súa filla para casar co rei e así aliarse mais fondamente a el o que supuxo a súa dependencia militar e cando se levaban mal co rei debido a que non lles enviaba a suficiente man de obra ou sidra organizaban unha rebelión condal formándose así na corte de Paio a facción galega e a facción cántabra, ambos partidos puxando para seu lado e colocando reis e ururpadores segundo lles viña e gana.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Rei de Asturias, Cantabria e Lugo. | ||
---|---|---|
Segue a: Ningún |
Paio de Asturias | Precede a: Fávila |
Casa Astur |