Francisco Franco
![]() |
Este artículo ha sido escrito por un facha. ¡Si no te ríes, te montaremos una manifestación "a favor de la vida" y te vincularemos con ETA, PSOE y Al-Qaeda! |
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |
Francisco Franco foi un rapaz que pasou de fregar o chan dos cuarteis a ser xefe de Estado de España (ou sexa, Tirano) durante 40 anos.
Francisco Franco | |
---|---|
![]() | |
Franco indo de paseo no iate. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 4 de decembro de 1892 |
Lugar | Ferrol |
Falecemento | 20 de novembro de 1975 (82 anos) |
Lugar | Madrid |
Organización | Movemento Nacional |
Profesión | Militar, político e cacique |
Vida, obras, milagres e ditos popularesEditar
InfanciaEditar
Franco tivo unha infancia moi dura xa que vivía nunha familia desfeita pola abducción do seu pai por un Ovni da CIA, durante anos tivo que aguantar ao seu irmán maior que non facía mais que mandarlle recados a todas horas e o chantaxeaba pra que lle fiexra os deberes, isto fixo que "Pakkko" fose un superdotado, con 5 anos aparecéuselle a Virxe do 5 piso e case o tenta violentar, razón pola cal toda a familia mudouse de Ferrol.
AdolescenciaEditar
Como o neno non quería ir pra cura metérono a estudar pra conserxe, estando de limpafiestras no academia militar de Toledo foi posuído polo espírito do Gran Capitán, Gonzalo Fernández de Córdoba, que lle fixo subir por riba dos cadetes e nomeado no momento como cabo primeiro dos comando Y de infantería lixeira (de roupa); como todo o día era vacilado polas musculocas da taberna de oficiais resolveu invadir el só Marrocos, e logo fundou a Lexión pra ter algúns garrulos que vixiasen que non viñeran os franceses a roubarlle o terreo conquistado.
MadurezEditar
Debido á súa inxenuidade foi captado por uns malandríns que querían dar un golpe de estado contra o goberno español, durante tres anos consigiu facerse con toda España (agás Galicia onde Moncho Reboiras xunto con Manuel Fraga tentaron detelo ata que na Segunda Guerra Mundial foron capturados pola CIA).
Grazas a gañar a guerra civil tivo todo o poder nas súas mans, asi que adicouse a facer o que calquera home faría neses intres tan cruciais, "mercou" un iate e adicouse a vivir a boa vida no Levante español cos seus amigos, mentres en Madrid deixaba a varios cregos e militares que gobernasen todo mentres él se ía de baretas.
Morte e resurreciónEditar
Francisco Franco xa morreu!!! Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña, se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro. |
Indo un día no iate pescando (en realidade un buceador poñíalle o xurelo no anzol da cana) naufragou en Cabo Estai (Vigo) onde varios gais se agochaban pra manter relación sexuais entre eles, tras salvar a Franco ó facerlle o boca a boca quedaron extasiados polas suas roupas e mantiveron unha longa sesión de sexo grego con ele. Debido a iso morreu en arrecendo de santidade e seu cadáver comezou a realizar milagres:
- Fixo xurdir as autovías pra que Galiza saíse do atraso milenario.
- Enviou a miles de españois imperialistas ao inferno pra conquistar aquel terreo en nome de Deus.
- Enviou outros miles de españois que o odiaban cara o ceo, pra que convenceran a Deus que se fixera mais amoroso e socialista, pra así enviar de novo ao seu fillo á terra (cousa que fixo na persoa do Che Guevara).
- Xuntou a tódolos cregos e fíxolles que organizaran o Concilio Vaticano II pra modernizar a Igrexa Católica e aceptasen o uso do condón e o aborto como dereito das mulleres a decidis sobor seu corpo.
- Legalizou a marihuana.
- Expulsou centos de españois cara Alemaña, Suiza, Franza... pra que saísen da aldea, coñeceran mundo e logo trouxeran a modernidade ao rural.
- Levou a Hitler pro Outro Mundo pra que deixara en paz aos xudeos.
- Fundou a OLP (Organización da Libertación da Palestina) pra que os xudeos deixaran de matar impunemente aos palestinianos.
- Curou o Sida a Freddie Mercury pra que seguira cantando coa Montserrat Caballé.
Desgalería de imaxes coloridas de Francisco FrancoEditar
Durante o Bienio Negro na II República Española conspirando.
Franco cos seus amigos pijos Hitler e Mussolini na discoteca Clangor de Santiago de Compostela.
Franco foi asasinado por Tarantino disfrazado de enfermeira.