Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Europa Occidental

(Redirixido desde "Europa occidental")
Mapa de Europa Occidental
Cita1.pngA Europa Occidental é rica, a central a clase media, o leste europeo é o pobre e despois dos Urais comen os nenos.Cita2.png
Profesor de xeografía sobre Europa Occidental.

Europa occidental é a rexión do vello continente europeo máis próxima dos yankees, mesmo habendo un océano de diferenza, pero iso é irrelevante.

A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa Oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).

Índice

HistoriaEditar

Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático e guerras dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a Primeira Guerra Mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Reino de Italia,...). Durante a Guerra fría, as nacións distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época o telón de aceiro, fortemente militarizado entre as dúas potencias, dividía o contienente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.

Actualmente os lindes de Europa occidental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea. De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, Rep. Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións con EUA e Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.

XeografíaEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Europa Occidental.

Outros artigosEditar