Diferenzas entre revisións de «Mitoloxía galaica»

2.230 bytes engadidos ,  1 de marzo de 2017 ás 12:37
sen resumo de edición
==Os mitos==
Os mitos galaicos explícannos porque a terra é chaira ou quen inventou o Licor café.
===Mito da creación===
Andaba a Deusa Navia encabronada porque Cosso non lle quería bailar asi que para non aburrirse creou o universo, unha bola de barro no que as miñocas andaban dun lado a outro pelexándose polo amor da deusa. [[Cosso]] viu aquelo e rouboullo tras durmir á deusa cos seus porros máxicos, e co mundo no seu poder esmagouno para darlle forma de campo de batalla, e ordeou as miñocas en formación para a guerra pero ao pouco decatouse de que morrían de fame asi que inventou o gando para que comesen. Pero as miñocas eran parvas e morreron de fame, menos dúas, ás que Reve lles deu cerebro e mans para que trabalalsentraballasen construindo armas e así inventaran novas formas de matarse entre elas mentres Navia as facía mutiplicar grazas á súa maxia sexual.
As miñocas seguiron a pelexar entre si e de tanto andar dun lado a outro saíulles pernas. Para que descanasasen Bandua fíxolles unha casas e ergueu montañas para facer o xogo mais interesante á vez que Navia facía xurdir lagoas, ríos e regatos e a deusa Nabia deulles o saber cultivar a terra e o gando.
===Mito das destruccións cíclicas do mundo===
Ás veces os deuses aburríanse dos humanos ou quedaban tan amolados deles e do ruído dos seus [[botellón]]s que destruiron o seu mundo en varias ocasións.
====Primeira destrucción do mundo====
Estaban os humansohumanos matándose entre si e debido a que inventaran o bronce para matarse mellor facían un ruído tremendo ata que Navia cansou do estrondo e tirou o mundo de barro á auga, onde se diliuidiluiu e afogaron todos. Todos? Non! Unha muller e un home seguiron a matarse enriba dunha árbore e estaban tan graciosos discutindo tras destruir as súas armas que a deusa os salvou e voltou a facer o mundo, pero esta vez con terra e pedras, e fíxolles unha atmósfera de varios gases combinados que sufrían a presión dos astros que colocou por riba da humanidade.
====Segunda destrucción do mundo====
Nesta enfrontáronse os humanos aos deuses pola súa independencia, os humanos tentaron saír do mundo a través de escadas e pincharon aos primeiros deuses, Cosso, moi contrariado barreunos por terra e esmagouna, ocasionando terremotos, abaixando montañas sobre os pobos e facendo surxir o volcán do [[Monte Pindo]] para destruilos a todos. Ao ver que agora non tiñan con quen xogar os deuses crearon aos deuses menores ou deuses locais, todos encasillados pero eran moi aburridos e as deusas crearon d enovo á humanidade, pero desta vez fixéronos conscientes da súa morte e enfermidades, e así deixaron de amolar aos deuses, creouse a [[Relixión]].
====Terceira destrucción do mundo====
Os deuses menores aliáronse cos humanos para facer o que lles petase no mundo, primeiro de todo reorganizaron o mundo encauzando ríos e creando pozas para as súas ferrerias e fóronse todos a vivir en cidades, unha en cada esquina do mundo e crearon imperios e moita maxia pero os deuses grandes e primeiros ao ver aquilo colleron medo e provocaron enormes ciclóns de vento para derruir as torres e murallas, tormentas para esborranchar a obra dos deuses menores e cicloxéneses explosivas para meterlles moito medo no corpo aos humanos, que só quedaron tres.
Con estes tres recreouse outra vez o mundo.
====Cuarta destrucción do mundo====
Esta será a destrucción do NOSO mundo, cando o home saía do planeta e adore a deuses orientais fará que nos voltemos tontos de remate e nos automutilemos a nivel xeral, autodestruíndonos polo lume, o derradeiro elemento destructor do noso mundo.
===Mitos dos deuses===
Os mitos de cada divindade proveñen das escolas de pensamento de cada templo, así podemos atopar que un deus moi querido nunha provincia aparece nos mitos da outra provincia coma un torpe ou un criminal. Nalgúns mitos os deuses fan cousas extrañas a nós os galegos de hoxe en día, xa que os humanos cambiamos moito ao longo do tempo, ou fan cousas que agora consideramos horribles.
* O ciclo de Cosso:
Cosso , gran deus dos guerreiros tolos ten un [[pazo]] nunha montaña escabrosa e solitaria; alí bebe en cráteras púnicas o sangue dos que morren en batalla. Esta dieta veulle imposta polo resto de deuses e a el non lle importou tras perder unha partida de parchís celta contra Bandua(quen prefería catar outros alimentos) pero antes Coso alimentábase de penes, si, de grandes e ricos penes coma bananas da [[India]] ata que un día os guerreiros comezaron a cortar outras cousas en batalla e non sabían tan salgado coma as pirolas así que decidiu mudar a súa dieta de carne pola de sangue, xa que en tódalas batalals se perdera a viril costume de cortar o [[carallo]] dos guerreiros inimigos.
Este é o ciclo de Cosso, onde se explica a súa dieta gastronómica, moi viril e caníbal, pero que tivo gran éxito entre a xuventude castrexa acadando os hits parades dos séculos VI-II A de C.
 
[[Categoría:Mitoloxía galega]]
11.189

edicións