Efeméride

Cita1.pngO 13 de agosto de 1961, os gardas do Leste alemán comezaron a separar con alambre de púas e formigón os lados orientais e occidentais de Berlín.Cita2.png
Xornal sobre efeméride.
Cita1.pngEn astronomía, unha efeméride é un suceso astronómico puntual no tempo.Cita2.png
Galipedia sobre efeméride.

Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.

Efemérides cronolóxicasEditar

Unha efeméride é un feito relevante escrito para ser lembrado ou conmemorado nun certo día, do mesmo xeito que o seu aniversario (aínda que, iso non sexa unha efeméride), ou unha sucesión cronolóxica de datas e os seus respectivos acontecementos sóamente para a xente desocupada teren algo para facer. Así, na prensa escrita resulta xa habitual incluír unha sección que, baixo o título efemérides, recolle distintos acontecementos importantes ocorridos nesa mesma data ó longo da historia.

Efemérides astronómicasEditar

Na forma plural, efemérides, é o termo usado por magos, astrólogos e monarcas para anunciaren tanto as ocorrencias dalgúns acontecementos celestiais, como as eclipses e cometas, ou tamén un asteroide que chega a destruír a vida na Terra, como para como escoller a posición dos astros para acceder a outra dimensión segundo a posición dos astros de cada día, normalmente encontrados nun conxunto de táboas denominadas hoxe efemérides astronómicas, e que indican a posición dos astros para cada día do ano.

Efemérides destacadas de hoxe segundo a sagrada DesgalipediaEditar

Desgalipedia:Efemérides destacadas/16 de outubro

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Efeméride.

Outras efeméridesEditar