Desgalipedia:Xornal da Desgalipedia/17-07-2016/Falcatruadas

Falcatruadas

O caso Troll Ferragostano

Por Rhubella Marie, 16 de xullo de 2016

As falcatruadas fanse reiterativas

E conforme información seguras de algúns usuarios da Desciclopedia coñecemos coma un neno chorán.

Estes primeiros días de xullo Desgalipedia informa o retorno do Troll Ferragostano na que xa vén sendo unha reiterativa rotura de bloqueo. A historia vén de lonxe xa que o dito usuario está expulsado de Nonciclopedia por cometer moitos erros, pero esta persoa emprega múltiples monicreques ou IP's para saltar os bloqueos que se lle impoñen e crear e editar unha e outra vez tanto o artigo anteriormente citado como unha manchea doutros relacionados con edicións con caracter de censura (coñecido como Patrulhamento ideolóxico en Desciclopedia) con retirada de contido humorístico deixando un artigo, cando non como un esbozo, sen partes divertidas.

Solicitamos aos usuarios da sagrada Desgalipedia toda axuda posible.

Esta práctica lévase observando desde hai moito tempo e en moitas Desgalipedias, e responden ao perfil dun mesmo usuario baixo diversas identidades anónimas que emprega tradutores automáticos para levar os artigos as máis linguas posibles, deixando textos de ínfima calidade que cómpre borrar.

Cita1.pngImos poñelo claro, eu non son a persoa que súa Danzosità "La Pampa" penso que eu era. Vin un novo vandalismo dos "trolls mediados de agosto" (non sei se mediados de agosto é superfluo ou significa algo) e viu que formatear peor que eu, entón eu non podo ser eu.

Como podes ver as miñas modificacións e miña páxina de conversa, eu me podo chamar de calquera cousa, pero trolls. Só unha vez que rexistrou o segundo usuario Italia136 Eu vin delirios de megalomanía que xoguei un troll co usuario Italia136 lanzando unha chama na miña páxina de conversa, eu rapidamente cambiou de usuario e deixei unha mensaxe de aviso na páxina de discusión de Italia136. Todo un experimento destinado a "aumentar a miña persoa", unha experiencia que realmente me levou ao suicidio.

IMPORTANTE: A próxima vez que me prohibir cando facer cambios de xeito anónimo non poñen como unha razón "Rango de trolls mediados de agosto", pero "Sakuragasaki46 Range", xa que non tiña nada que ver con iso anónimo.Cita2.png

Actualmente, moitos dos artigos relacionados deberían protexerse e cada vez que se detecta un novo vandalismo súa bloquéase de contado. Aínda así, pedimos a colaboración de todos os desgalipedistas: notificade calquera destas contas no Desgalipedia:Taboleiro dos administradores/Vandalismo para detelo de novo.

Xornal da Desgalipedia (Icona).png
17-07-2016
Neste número
  • Falcatruadas
  • ← Volver aos contidos

    + Engade un comentarioConversa sobre esta historia
    Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!