Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Unha boina é o sombreiro tradicional do Suroeste de Europa.

Surxiu na Idade Media entre comerciantes ricos que a copiaron de Confucio (que tiña unha boina adornada cunha daga atravesada no capirote) e logo extenderon por Francia e os portos de Cataluña como unha prenda de prestixio en teas caras, cando esta moda chegou ao rural tardo en ser aceptada (quen carallo quere un sombreiro que só tapa o colodrillo e apenas tapa do sol e a choiva?) pasando a convertirse nos tolos anos 20 no sombreiro aldeán por excelencia, e 30 anos mais tarde como sombreiro militar.

A boina serve tamén para agochar drogas dentro dela (como facía Pete Doherty) e posar en plan machote heroico (loook Che).

Tipos de boinasEditar

 
Ata a levaba Castelao, pero Beiras non.
  • Parlota: gorra plana do século XVI.
  • Pakul ou Pakol: boina de Afganistán.
  • Boina francesa: a mítica negra pode levarse de 100 maneiras.
  • Bonaid ou boina escocesa: con banda de coiro ou moita tea na banda e un pompón na cima.
  • Boina vasca ou Txapela: boina negraque sobresae da liña da cabezota.
  • Boina rastafari: con moita tea e de bandas de cores, soe levarse xusto ao contraio co pakul co máximo de tea extendida.
  • Boina galega: de poua tea e negra, non sobresae nada da cabeza, nos anos 20 tódolos rapaces ían con ela.

Boinas famosasEditar

  • A boina do cura das Encrobas.
  • A boina de Rembradt e a de Vasco Duarte ((Falâncio) de Homens da Luta
  • Boina carlista: inventada pola Condesa de Ximonde nas cercanías de Santiago de Compostela, vermella para a tropa e branca para a oficialidade.
  • Boina da resistencia francesa.
  • Boina negra: usada polos labregos e os panteras negras.
  • Boinas verdes.
  • Boinas marróns: emigrantes mexicanos en Estados Unidos de América.
  • A boina do Che Guevara (oian! que Castelao tamén a levaba de cando en vez!)

Como vestir a boinaEditar