Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barcelona (homónimos).
Bandeira Cataluña.jpg REMEMBER, CATALONIA IS NOT SLOVAKIA!!!
Este artigo contén altas doses de humor catalán.
Se non entendes, estás menos catalán cun restaurante chinés.



Barcelona
Localización
Barcelona en Cataluña
Barcelona
Barcelona
Barcelona en Provincia de Barcelona
Barcelona
Barcelona
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Flag of Barcelona province(official).svg Barcelona
Comarca Barcelonès
Demografía
Poboación hab. (2011)
Densidade hab./km²
Xentilicio Barcelonés/sa
Outros datos
Código postal 08.0XX
Alcalde Ada Colau (BComú)
www.barcelona.cat

Barcelona é a capital de Cataluña, atópase na outra punta da Península Ibérica en contra de Fisterra.

Índice

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia urbana de Barcelona.

Idade AntigaEditar

Barcelona fundouna Amílcar Barca de Cartago para ter aquí unha discoteca onde atraer tribos de celtíberos como aliados contra o Imperio Romano, logo os romanos enchéronlle esta cidade e lla independizaron.

Na Idade Media convertiuse en capital de España durante o Reino Visigodo. Trala desfeita da guerra civil goda Barcelona quedou a velas vir e Carlomagno puxo aquí unha embaixada e creou o condado de Barcelona poñendo ao fronte a un orangután chamado Wilfredo.

Idade MediaEditar

Barcelona convertiuse no principal porto de Aragón. Durante o dominio do Imperio Español, Barcelona tiña o monopolio do comercio de algodón provinte de Cuba e logo quéixanse de que España os odia!

Revolución industrialEditar

No XVIII convertiuse na porta de Europa para España xa que aquí viña toda a pornografía de Francia e Inglaterra despois de que Napoleón Bonaparte a invadira para o Imperio Francés.

XeografíaEditar

Barcelona atópase na beira do Mar Noso, encadrada polos ríos Éufrates e Tigris cal moderna Babilonia, pero limitando cos Hospitalarios, Pulgas e Pratos do Llobregat, San Cagao do val, San Adrián de Bicos, etc a súa costa está mordida como se pasar por aquí o Godzilla das bolechas.

TurismoEditar

Monumentos e lugares de interés sexualEditar

  • Montjuic: onde fusilaban anarquistas durante a Restauración borbónica.
  • Basílica do Mercedes: sendo tan tacaños só lle puxeron un campanario.
  • Barcelona 92: onde Cobi anda buscando drogaína.
  • Ensanche: rúas alemáns onde podes atopar a Blasfema Familia, casas tolas feitas por Gaudí.
  • Barrio gótico: onde ir de putas e crack.
  • Poblenou: onde está Razzmatazz e podes ir ligar con hipsters, modernukis e outras feras corrupias.
  • Pavillón da República de Weimar: feito por Mies van der Rock.
  • Torre Agpenebar.
  • Parque Güell: feito con cacharros de porcelana rotos xa que os cataláns aproveitan todo.
  • Labirinto da horta: onde ir secuestrar pais.
  • Tibidabo: onde van invocar a Cthulhu para obter mais ouro e peixes, Non saben que pra iso hai que chamar a Dagon??.
  • Praza Catalunya: onde ir anunciar a independencia de Tuvalu Ulterior.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Barcelona.

Outros artigosEditar

Modelo:Concellos de Barcelona