Horario de verán

Revisión feita o 30 de maio de 2018 ás 03:30 por Rhubella Marie (Conversa | contribucións) (Nova páxina: " O '''horario de verán''' é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a Primeira Guerra Mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.