Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Youtuber

Benito Mussolini,o primeiro Youtuber da Historia facendo un video sobre a guerra entre imperios.

Youtuber é un tipo de humano que ten moito tempo libre e ningún obxectivo na vida, a saber é un alienado pola sociedade capitalista cuxo único fin na vida é opinar cunha camera diante e logo colgalo no Youtube.

Índice

CarcaterísticasEditar

O youtuber doméstico oscila entre os 19-35 anos, algúns youtubers da raza Ianki chegan a alcanzar os 150 kg. Os youtubers poden chegar aos 50 anos se chegan a ter moza, non obstante o youtuber mais lonxevo documentado viviu 50 anos e 1 día. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, o territorio e as enfermidades, os youtubers non acostuman vivir máis de dous anos.

Os youtubers teñen unha gran variedade de persoalidades, pseudónimos IP,s, blogs, enfermidades, pelaxe, parafilias, como curiosidade, a raza Spaniola é a que menos graza ten; a meirande parte de youtubers do mundo son humáns (99%) e o resto un pequeno porcentaxe de animais (0,5%) e pantasmas (0,5%), os reptiliáns son os únicos habitamtes do planeta Terra que nunca se farían youtubers.

O sérvelles pra manter o equilibrio durante horas diante do ordenador, este modus vivendi fai que evolucionen de forma moi curiosa: o colo colle forma de "C", pillan chepa, mans en forma de garra, olliños de porco vietnamita, pregue das fazulas ensinando os cairos, pernas dobradas formando números romanos, etc

As femias soen estar ter graves taras mentais debido á exposición cotiá a pantallas, algunhas chegan mesmo a virar tolas e vivir nun mundo de fantasía, outras sofren o síndrome de Paulino de Chantada (un día calquera saltan da cadeira do ordenador e saen á rúa a matar xente).

Conforme ao seu tamaño, os youtubers ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O youtuber ten unha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza pra perrear durante horas nas discotecas, os seus pectorais son un excelente reclamo pras pencas. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas de depredación dos demais frikis: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira ás tetas da presa que lle crebe a medula espiñal ou a asfixie.

ClasificaciónEditar

  • Subfamilia Frikidae
    • Xénero Xornalistum
      • Xornalistum Normallis - Youtuber que se adica a comentar novas
      • Xornalistum Frikis - Youtuber que inventa e tenta pasar por reais feitos ficticios(como a creación dunha sociedade pola moralidade nos animais pra que non ensinei as súas impudezas ao púbico)
    • Xénero Opinum
      • Opinum Mucachada - Tenta imitar aos de Muchachada Nui creando parodias de persoeiros e famosos seguindo o seu estilo e opinión persoal.
      • Opinum Absurdum - Adícase a opinar de calquera tema da vida cotiá:caída de tetas, prezos das putas, qué facer si teu mozo se foi cun señor mais vello ca él...
      • Opinum Tutorialiis:fan tutoriais sobre cómo facer cousas:peinarse, ducharse,cagar,mechas californianas,como escribir novelas con éxito,etc
      • Opinum Xornallis - éste especimen cre que a mellor forma de que a TVG o chame para presentar o telexornal é grabarse dando a súa visión de feitos ocorridos na realidade subxectiva.
    • Xénero Comediis
      • Comediis suprareal - De humor surrealista, friki, tanto que non o entendes
      • Comediis Normalae - Fan mónólogos, parodias de videos virais,etc

Ciclo biolóxicoEditar

  • Amateur: aquel que fai vídeos pra 4 gatos.
  • Partner: aquel con mais de 100 suscriptores.
  • Pro: xa ten súa propia imaxe, persoalidade e estilo, con centos de seguidores e rutirófilos.
  • Superpro: éste consigue vivir dos seus vídeos e é máis coñecido nos seus vídeos que no seu barrio.

Atributos físicosEditar

  • Estructura ósea: o seu gran consumo de fritos fai que o seu esquelete estea formada por mais de 300 ósos, esta evolución débese aos grandes pesos que ten que soportar (sobre todo a masa muscular).
  • Ollos: o seu número de dioptrías aumenta por momento tal como a temperatura de Tchernobyl, por iso levan gafas, aínda que certos informes da CIA apuntan a que o uso dos lentes se debe a un cliché de cómicos high culture.
  • Dentes: os seus cairos están especialmente afiados pra depredar, teñen varias filas de dentes que van avanzando conforme medran no ciclo biolóxico.
  • Aparato dixestivo: o fígado ocupa a maior parte do sistema de captación de enerxía seguido dos instestinos (sobre todo o gordo), esta descompensación fai que acumulen varios males, entre os que se contan a bisexualidade e o satirismo.
  • Cabeza: este accesorio é moi usado pra vestir con diferentes tecnoloxías do corpo, desde sombreiros, perrucas, estilos de pelo e incluso o baleirado artístico de moitos deles.

SentidosEditar

A partir dunha evolución no lóbulo prefrontal dereito do fígado, que lles permite detectar temáticas populais, chistes que ninguén antes pensara ou maneiras de facer cousas que outros fan de maneira zopenca. Debido á gran sensibiliade dos seus órganos aos campos eléctricos algún youtubers entran en transo ao pasar cerca de centrais eléctricas (déronse casos dalgúns que contactaron con Bandua ao pasar por riba dun encoro).

Os ollos ods youtubers teñen segundo parece un brillo especial outorgado pola loucura e o consumo de estimulantes naturais, como o aire.

DietaEditar

Consumen pequenas cantidades de fritos, doritos, patacas fritidas e pouca carne vermella, nembargantes son grandes herbívoros dos que sacan enormes cantidades de enerxía (tipo Qui) de carácter Yang. O hentai e o BDSM, son algunhas das froitas que mais engulen con auténtica adicción.

Enfermidades dos youtuber e mitosEditar

Duarente séculos pensouse que o Youtubeiro adoecía de obesidade mórbida, enfermidades coronais, cosplasia dental, osteorporose, desaxuste nutricional, tara mental, perezosidade, propensión a desgarros musculais, depósitos de colesterol, arteriosclerose... mais tralos serias investigacións do Doutor Mengele, chegouse á conclusión de que ser youtuber só pode ser beneficioso na actual sociedade de consumo e capitalista, debido a que así potenciábase o ánimo de lucro, a competencia, o aguilismo, pedantería, aburridismo crónico e outras virtudes da internet.

  • Miocardiopatía hipertrófica.
  • Displasia arritmogénica do ventrículo dereito.
  • Anomalía das arterias coronarias.
  • Miocardite.
  • Síndrome de Brugada.
  • Síndrome de QT largo.
  • Síndrome de Wolff Parkinson White.
  • Commotio Cordis.

O youtuber na cultura popularEditar

En moitas películas de cine aparece o youtuber en diferentes roles e arquetipos (gracioso que morre de primeiro, namorado listo, veciño deficiente pero cunha gran vida sexual, metrosexual que nunca liga,etc).

  • The Karate Kid: o señor Miyagui é un youtuber que pensa que seus días de homosexualidade remataron ata que o ven buscar o seu veciño parvo ianqui.
  • Rocky: o boxeador vése na obriga de entrenar cun youtuber como sparring debido a que non lle chega o orzamento.
  • Instint Básico: unha youtubeira mata a seu marido tal como escribira nun video/novela seu antes do crime.

Youtubers famososEditar

Véxase taménEditar