Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Yosi Domínguez

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


José Manuel Domínguez Álvarez
Suavesdios.jpg
Información
Nacemento 17 de maio de 1948
Ourense
Falecemento Nunca.
Nacionalidade galega
Ocupación Perseguir malvados, compoñer cancións e cantalas.

Yosi Domínguez é o núcleo do grupo Los Suaves e un dos mellores letristas do rock and roll.

Vida e cantigasEditar

 
Yosi pluriempregouse como Papá Noel trala crise económica de 2008.

Yosi naceu en Ourense en plena posguerra no seo dunha familia burguesa que lle ensinou os altos valores occidentais, de pequeno viu moitas películas do Oeste (amerrikano) e quixo ser coma os sheriffs locais sós ante o perigo asi que comezou a preguntar polos bares como facerse sheriff, como iso equivalía a ser garda civil na Galicia profunda e el non quería roubarlle as mercancías ós traficantes de café e azucre da Ria portuguesa decidiu meterse a policía nacional e perseguir ós malos.

Con 22 anos fíxose policía, tras facer oposicións ficou tan farto do dereito penal e de meter no caletre decretos e leis dos españois que se foi á barra dun bar a purificarse de tanto linguaxe técnico a base de hidróxilos enlazados a átomos de carbono saturado. Pero alí coñeceu a Vanesita, unha expija metida a puta tras morrer seu pai millonario e deixala a ruína, falando con ela bebeuse mais alcol e infectoulle o seu xeito sartriano de ver a vida, iso xunto a que comezaba a haber Paro na España de Franco empurrouno a estudar mais e dar o callo como funcionario conseguindo ser ascendido a inspector xefe; mentres seu irmán Xavier tamén facía oposicións como mestre e le levou as primeiras edicións undergroun do "Sempre en Galiza" de Castelao que lle fixeron ver as cousas doutro modo e fíxose xevi.

Como coñecía a pouca xente da súa corda e ós xevis da época o miraban mal por ser un madeiro (polo menos non era da brigada político-social) fixo un grupo cos seus irmáns e amigos e chamáronse Los Suaves. Entre planificación de obxectivos policiais e patear os bares pra informarse escribiu algunha das grandes cancións sobre a vida que seu oficio lle permitiu ver e coñecer a fondo pra ir tras dos malvados, como a escrita de cancións e ensaios no local da rúa de San Pedro lle roubaba moito tempo, por non dicir as xias, a mediados dos 90 pillou excedencia na policía.

Iso non derivou nunha perda de calidade das súas letras que seguiron sendo existencialistas e escuras cal á de cormorán (según H. P. Lovecraft sería escuro como un abismo insondable de maldade cósmica ó axexo) e adicarse a enche ro tempo libre con mais alcol pra alimentar a máquina da escritura en plan Edgar Allan Poe, xa que doparse non está mal visto no mundo da literatura.

Véxase teménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Yosi Domínguez.

Outrosa artigosEditar