Xunta de Galicia
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta de Galicia (homónimos).
![]() |
Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa! Este artigo ten un alto contido de humor galego. Se non é desta rexión sacra, é probable que non entenda algunhas cousas. |

A Xunta de Galiza, ou Goberno Federal Galiziense, é o supremo órgano de poder do Estado Español sobre Galicia.
OrixeEditar
A súa orixe data da Idade Media cando se lle daba este nome ó Parlamento ou congreso dos conselleiros de El-Rei, para logo ir transformándose nun mero título honorífico que só servía pra colocar no currículo dos aristócratas e demais parásitos do Antigo Réxime cos goberno dos Reis Católicos e durante toda a Idade Moderna; nembagantes debido ó baleiro de poder provocado pola rebelión popular do 2 de Maio contra da invasión de Napoleón formáronse gobernos revolucionarios e patriotas co nome de "Xunta", formada por diferentes representantes de tódolos habitantes e formándose tamén Xuntas a nivel provincial e comarcal pra mellor derrotar ao exército francés.
Co alzamanento de Solís tamén se autoproclama unha Xunta de Galicia (que o primeiro que fai é anular ás Diputacións provinciais), logo en 1936 coa IIª República Española volta refundarse ata que veñen os feixistas.
Trala dictadura de Francisco Franco e debido á presión popular formáronse cogobernos no que se deu en chamara Comunidades autónomas, no que antes foran as provincias de España, e cada unha delas formouse un co goberno con Madrid chamado Xunta, Chunta ou Junta de... Madrid, Galicia, Euskadi, Catalunya, Asturies, etc.
HistoriaEditar
A Xunta de Galicia foi fundada por Prisciliano para defender a Galicia, logo proclamou eleccións no alto do Pico Sacro, sobre a tumba da Raíña Lupa formando a Xunta preautonómica baixo control de UCD (con Antonio Rosón e Xosé Quiroga); as primeiras ereccións gañounas Albor grazas á pílula azul, ata que o seu vicepresidente lle meteu unha moción de censura, logo veu Laxe ata que Manuel Fraga dicidiu que mandar en Madrid era demasiado pra él e veuse pra Galicia a mandar mentres se xubilaba.
Actualmente a Xunta atópase ameazada polos abusos, os feixistas, os centralistas, UPyD (que sen embargo preséntanse ás eleccións autonómicas), PP e o McDonalds.
CompetenciasEditar
Chámanselle competencias da Xunta a aquelas leis que a Xunta pode facer sen ter que pedirlle permiso a Madrid, e que na actualiadade son:
- Decir que é galego auténtico e que non (debido a iso son moi amados dos Reintegratase dos labregos).
- Organizar o goberno interior, quen manda nas Diputacións, que si te presenta a alcalde deste quinto pino logo che dou un carguiño na próxima lexislatura ou un sobre branco ben gordo...
- Dar permiso de obras na costa e montaña pra tapar o paisaxe, que é moi feo...
- Facer e refacer o dereito consetuedinario galego.
- Facer Obras Públicas, e si hai un castro en medio do camiño que o arrasen, pero que o arrasen arrasado eh?
- Vender a enerxía eléctrica dos encoros e muíños eólicos a multinacionais imperialistas.
- Asistencia aos vellos pra que poidan seguir vivos e votar.
- Retardar a creazón dunha policía autonómica.
- Desnormas sobre a protección do Medio Ambiente.
UbicaciónEditar
- Centros administrativos: tumba de Prisciliano.
- Capitalidade: Acruña.
- Residencia do presi: Monte Pío.
- Residencia da Xunta: Pazo de Raxoi ou dos Raxós (polo dos porcos).