Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xuño na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xuño na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

As celebracións populares máis importantes deste mes coinciden coa festividade do Corpus e coa noite de San Xoán, noite máxica por excelencia. No primeiro caso, cómpre destaca-las alfombras de flores que se constrúen en diversas localidades galegas, especialmente Ponteareas. Tamén, a festividade do Boi de Allariz. As cacharelas de San Xoán celébranse en practicamente toda Galicia.

Non son estas as únicas festas que se celebran no mes de xuño, e así pódense citar tamén a romaría do Corpiño en Lalín ou as festas de San Pedro e San Paulo.

A noite de San XoánEditar

Artigo principal: Noite de San Xoán.


Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xuño na cultura popular galega.

Outros artigos na cultura popular galegaEditar