Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xosé Luís Baltar

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baltar (homónimos).


Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Xosé Luís Baltar e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Baltar I
Kim-Jong Baltar.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. do Estatuto.
Esgos Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade ourensá
Ocupación Führer ourensán.
Baltar precisando compartir fotos das súas fazañas.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: XerónimoCita2.png
Google sobre Xosé Luís Baltar

Cita1.pngA mí no me echan unas elecciones. Me voy cuando yo quiero!Cita2.png
Xosé Luís Baltar sobre vivir a súa xubilación fóra da Deputación de Ourense
Cita1.pngBaltar, me quiero enchufarCita2.png

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é o amado líder, o Führer, o caudillo, o cacique bon de Ourense, creador da dinastía baltárida e, pai de Xosé Manuel Baltar.

AutobiografíaEditar

 
Emotivo abrazo entre dous tocaios... Xosé Luís Baltar e Xosé Luís Mendes Ferrim.

Nado en Esgos no ano II da Victoria NacionalCatolicistaMonárquicaFalanxista, ou ben sendo o mesmo en plena época da fame negra, a posguerra trala Guerra Civil Española, e en pleno contexto internacional da IIª Guerra Mundial.

Formado nos valores da tribo Pepermint (do radical céltico "peper"= reaccionario, pepeiro, e da raíz indoeuropea mint= bico, beixo), e como membro dunha elite local de princeps castrexos, veu o día en que tivo que saír na súa primeira razzia como parte do ritual de paso de neno a adulto, como ninguén quería telo no seu equipo polo seu mal carácter (home pequeno fol de veleno...) meteuse a estudar solfeo e foi admitido nunha fratía de guerreiros galaicos como músico de trompa.

Indo cara o Sur, alí foi capturado e escravizado por un mestre grego ou Didáctus, o cal lle "ensinou" as súas artes amatorias pederastas, con ese bagaxe baltar púxose a facer oposicións para mestre, facéndose mestre nacionalista, grazas a que aprobaba a todos os seus alumnos (excepto aquiles que non sabían diferenciar o de Ó pechada con fin átono),esta cade de fabores supósulle construir unha clientela feudal que lle fixo subir ao poder en Nogueira de Ramuín por Coalición Galega, seguindo coa súa rede clientelar obtivo mais votos e foise co PP, onde debido á saca de votos que arrastraba foi obtendo postos e mais postos no organigrama para finalmente chegar a presidente provincial e logo a presidencia da Deputación de Ourense.

Durante 7 anos mantívose sen problemas na Deputación e para que non o moveran da poltrona fixo que a súa rede clientelar abranguese todaa provincia a través de contratacións ao seu xeito, que tamén alcanzaban o sector privado a base de "Se non contratas a este na túa empresa...ao mellor perdes contratos de obra coa Deputación...ou noutros sitios...".

 
Baltar brande un trombón.

Xa, no segundo Fraguismo, e coas pelexas internas por ver quen sucedía a Don Manuel (que si sería Rajoy, que si sería Xosé Cuíña), vendo que o seu sector perdía terreo ao ser destituído Cuíña en 2003, ameazou a Don Manuel de abandoar o PP e deixalo en minoría parlamentaría frente a PSOE e BNG.

En 2004 ameazou con voltar a saírse do PP e formar un partido nacionalista conservador(tipo PNV ou CIU), se non lle daban liberdade de facer a lista electoral do PP de Ourense nas eleccións de 2005, Fraga viuse obrigado a aceptar.

En 2010 organizou o XV congreso provincial do PP e comezou a mover os seus fíos pra seguir coa dinastía baltárida, facendo que ninguén se presentase candidato a secretario xeral provincial (excepto a facción do birrete de Feijóo e Rogelio Martínez, que presentaron o seu candidato) polo cal só se presentaron dous candidatos de cadansúa facción (boina e pijos), gañando o fillo de Baltar, Xosé Manuel Baltar.

En 2012 xubilouse, dimitindo dos cargos públicos que mantiña. E o 2013 foi acusado polo fiscal de Ourense dun delito continuado de prevaricación.

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xosé Luís Baltar.

Véxase taménEditar