Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xosé Cuíña

Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Xosé Cuíña e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!

Como ser divertido e non só idiota.
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Xosé Cuíña
[[Ficheiro:Xcuiña.jpg|]]
Xosé Cuíña a punto de fundar a CCCP de Lalín.
Información
Nacemento 25 de febreiro de 1950
Prado, Lalín Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 28 de decembro de 2007
Santiago de Compostela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia

Xosé Cuíña foi o caudillo do Deza, Lord Almirante do Fraguismo, empresarioalcalde de Lalín.

Vida e sovietizaciónEditar

Fillo dun muiñeiro grazas á fariña escamoteada puido ir estudar a Santiago DC e Fachadolid sen moito éxito xa que se apuntou á bohemia existencialista e beatnik do momento polo que voltou a Lalín e seu pai o tivo que enchufar de perito agrónomo e así foi movendo marcos de leiras ata conseguir adonarse de Lalín enteiro logo púxose de alcalde e comezou a formar o seu imperio económico.

Grazas ao control das obras públicas vía diputación e logo consellería montou un organigrama de vías rápidas galegas para unir capitais comarcais e así homoxeneizar toda Galicia e logo o crear o IV Reich Galego, creando o concepto de Autoidentificación dentro do Fraguismo, esta vía identitaria nacionalsocialista era para copar os altos mandos do PP de G e así o clan da boina seguise dominado a Jalísia a través de refinados rituais de maxia branca no Monte Faro.

O seu control sobre a sobras públicas fixo que aumentase seu poder a base de empregar a seus parentes e amigos e empregados e veciños e amigotes e xente que se quería atraer a montar empresas da construcción, así creouse un canal para controlar o Río Subvencións co fin de irrigar seus propios feudos e crear emprego na Galicia profunda a base de restaurar casas rurais, alzar centros empresariais no monte... en suma facer país! Isto non gustou moito en Madrid polo que enviaron a seu ninja Alberto Núñez Feijóo contra del e o mataron.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xosé Cuíña.

Outros artigosEditar