Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xosé Balseiro

Dirty McNasty-01.jpg Xosé Balseiro é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Xosé Balseiro
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.


Xosé Balseiro
Bandidos.jpg
Información
Nacemento Non sei Non contesto.
Ortigueira Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento NS/NC
Sin City.
Nacionalidade galega
Ocupación Bandoleiro social
Cónxuxe Putas.

Xosé Balseiro foi un bandoleiro galego do século XIX, segundo mando do famoso bandoleiro andaluz Luis Candelas.

Vida e delitosEditar

Xosé Balseiro naceu en Ortigueira en 1845, emigrou con seus pais a Madrid xa que estes tiña alí un parente metido na prostitución na Casa de Campo importando portuguesas, seus pais irian como protectores das putas e chapeiros e facer medrar o negocio familiar. Cos cartos reunidos deste nobre trabalo de protexer ós mais febles montaron un furancho, que aproveitaba os viaxes doutros familiares de volta pra que trouxeran viño do Ribeiro e así encher as bodegas e vendelo como marca branca no furancho e a outras empresas do sector.

Xose Balseiro criouse no ambiente da taberna, onde fixo moitos amigos gracias ó alcohol e o pouco alpiste que daban, entre eles estaba un señorito chamado Luis Candelas, que como non quería dar un pan á auga deu en xuntar a varios profesionais e facer unha cuadrilla de ladróns que se reunía na taberna dos pas de Xosé Balseiro, o rapaz entrou nela e comezaron a redistribuir a riqueza dos habitantes da Corte do Imperio español.

Tras xuntar unha garnde bolsa de cartos e ligar coas rapazas mais cachondas e menos frikis, Xosé Balseiro convenceu a seu xefe pra que o puxera de lugartenente ou vicepresidente da banda tras apuñalar a outros candidatos no calexón dos gatos, con el como segundo da cuadrilla a banda medrou en loxística e pudiose dar os maiores golpes da súa carreira. Pero isto chamou a atención da Inquisición española e da policía fernandina (a de Fernando VII) e como non querían rematar os seus días nun cárcere picando pedra organizaron unha fuxida cara Irlanda vía Santander.

Mais ao chegar a porto a moza de Luis Candelas entroulle un capricho por ir buscar unhas garrapiñadas e deron media volta cara Madrid, no camiño foron presos polo KGB. Luis Candelas foi executado, e iso que sempre roubara sen causar mortos, e Xosé Balseiro pudriuse no cárcere o resto da súa vida, que o pasou picando pedra e odiando as garrapiñadas.

Véxase taménEditar