Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xornal da Desgalipedia

Wiki.png Non entende ese artigo?

Este artigo ten unha morea de humor que só será comprendido polos lectores regulares da Desgalipedia,
Se aínda non viu polo menos mil referencias a, pasa de largo.


Xornal da Desgalipedia
Xornal da Desgalipedia.png
Tipo Logo do Xornal da Desgalipedia
Empresa editora Axencia DesgaliPress
Propietario Desgalipedia
Lingua galego
Localidade Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Ámbito Soamente na sagrada Desgalipedia
Prezo 0,20 euro
Seccións Desgalipedia, Internacional
Contido O seu xornal en forma de blogue.

O Xornal da Desgalipedia é un medio libre de contido escrito e editado pola comunidade da sagrada Desgalipedia que serve como medio para informar do que sucede no wiki, contar as nosas historias, acontecementos e informes, así como manter un seguimento da actualidade de todo o relacionado coa sagrada Desgalipedia en galego e os proxectos relacionados. Publícase un número cada primeiro de mes, e cadaquén pódese subscribir ás actualizacións a través da páxina de subscricións. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores do proxecto, e calquera está benvido a contribuír con artigos, reportaxes e suxestións.

HistoriaEditar

O primeiro número do Xornal da Desgalipedia publicouse nos tempos de Maricastaña. Desde aquel día, houbo dous números máis nese ano e outro máis no ano seguinte. Durante tres anos o Xornal caeu no esquecemento, ata xullo de 2013 cando se retomou o labor de achegar as novas de primeira man mes a mes.

A diferenza da meirande parte dos contidos da Desgalipedia, os artigos do Xornal posúen unha liña que indica a persoa responsable da principal redacción da noticia. Non obstante, acéptanse edicións posteriores á publicación para facer correccións gramaticais ou de grallas de hortografía.

Véxase taménEditar