Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xoán o Evanxelista

Xoán o Evanxelista
Sanxoanevanxelistagay.jpg
San Xoán evanxelista repousandoa cabeza no seu amante.
Título: {{{título}}}
Nado: século I en Cafarnaún
Finado: 103 cando tiña 94 anos (103 - 94 = 9). en Éfeso
Festividade: 24 de xuño
Venerado en: Maioría das confesións cristiás
Atributos:
Patrón de:


Xoán Evanxelista ou San Xoán Apóstolo, coñecido como un dos santos gays, foi discípulo de Xesús de Nazareth e irmán de Santiago Matamoros.

TraxectoriaEditar

 
Xesús de Nazareth cos seus apóstolos... en pelotas!!!

Iohanan naceu en Cafarnaún á beira do lago dos cisnes negros, alí era un meniño rebuldeiro que falaba na lingua nai sendo adolescente foi seducido polo xudeu helenizado San Pedro (primeiro Papa da historia) ata que cansou dele e uniuse á seita maricona de Xesús de Sión liberado por fin aleluia Iavé. A Xoán le pensou que sería un grupo paramilitar de liberación xudea do Imperio romano, cando descubriu que eran unha seita do Xudaísmo espiritualista que quería traer o comunismo ao planeta Terra foi denuncialos aos cregos xudeus e subdelegado do goberno en Xudaría, que logo lle ofreceu un posto como topo infiltrado no FPG(Frente Popular de Gudea, non confundir co FPG, Fronte Popular Gudaico, que son disidentes do FGP, o frente Gudaico Popular).

Durante a súa estadía na seita de Jasús de Nazireth obtivo os seus superpoderes como facer baixar lume do ceo sobre os samaritanos e os consumise, que logo lle permitiron escribir o Apocalipse. Xa que Xoán era o discípulo a quen Xesús amaba (aínda que non se sabe quen era o activo ou o pasivo nesta relación hemos de supoñer que sería Xesús o dador de "espírito santo"). Trala morte do seu amante na cruz Xoán coidou da Virxe María ata que ésta decidiu facer un viaxe interestelar (comunmente coñecido como a Ascensión).

Trala abducción de María, Xoán uniuse á Cominrel ou Internacional Relixiosa e comezou a reclutar xoves mozos como compañeiros sexuais que adorasen a Cristo, xa que el decía poseer o seu santo prepucio, debido a iso foi chamado á orde e no Concilio de Xerusalén foi obrigado a convertir xudeos mentres Pedro, Santiago e Paulo ían cara Occidente (onde fracasaron ante o paganismo ata que o emperador romano obrigou a todos a ser cristiáns).

Debido á súa experiencia con ovnis do planeta Raticulín na illa de Patmos comezou a escribir o Apocalipse e desde entón fíxose comunista cristián de verdá, e ía en silla transportado por discípulos decindo a todos "Filliños, amádevos os uns aos outros facede orxías que mirádeme, despois chegades a vellos e ninguén vos a de quere nin pra facer unha palla". Morreu en cheiro de santidade nalgún lugar de Asia aló polo ano, mes e día cuxas cifras dan como resultado 666.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xoán o Evanxelista.

Outros artigosEditar

V  C  E h
Os 12 Apóstolos de Xesús
Pedro - André - Santiago o Maior - Xoán - Filipe - Bertomeu - Mateo - Tomé - Santiago o Menor - Xudas Tadeo - Simón - Xudas Iscariote