Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xoán Carlos I de España e Galicia

(Redirixido desde "Xoán Carlos I de España")

Xoán Carlos I de España, nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, é o Rei de España e Portugal, duque de Galicia do Sur, marqués de Roma, conde da Galicia profunda, señor de Padania, almirante da mar océana, chambelán de Occitania, Marechal de Cataluña e Gudari do País Vasco dende o 22 de novembro de 1975, tras a morte do xeneral Francisco Franco.

Xoán Carlos I de España e Galicia
Rei de España e Rei de Galicia
XoanCarlos.jpg
Xoán Carlos I demostrando súas dotes de mando.
Coroación 27 de novembro de 1975
Nome completo Juan Carlos Alfonso Víctor María de Borbón y Borbón-Dos Sicilias
Nacemento 5 de xaneiro de 1938 (81 anos)
Roma, Bandeira de Italia.png Italia
Predecesor Francisco Franco (Xefe do Estado)
Herdeiro Filipe de Borbón e Grecia
Sucesor Filipe VI de España e Galicia
Consorte Sofía de Grecia
Descendencia Infanta Elena,
Infanta Cristina,
Príncipe Filipe
Casa Real Casa de Borbón
Himno real Marcha Real
Pai Xoán de Borbón
Nai María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias
Cita1.png¿Para que serve un rei? Por que as medidas de austeridade non se aplican á monarquía?Cita2.png
Republicano sobre Xoán Carlos I de España e Galicia

Grazas a él modernizouse a Españistán e obtívose a bomba atómica, xubilouse na crise económica de 2008 deixando paso a Felipe VI de España tras unha bronca coa nora.

Índice

Vida e milagresEditar

 
 Vostede só pode xogar de rei cando EU morrer. 
Franco

Nacido en Roma nunha noite de la dolce vita foi traído á Península Ibérica de contrabando nun iate de seu pai, e desembarcado en Portugal, onde o farían pasar por Don Sebastião e derrocar aos feixistas Salazar e Franco, mais un comando da CIA impediuno asi que tiveron que buscar outra forma de restaurar a monarquía.

Grazas a uns amigos comúns, Xoán Carlos I foi enviado a estudar a unha escola relixiosa-militar onde lle ensinaron estratexia e como ser un bo führer, mais o colexio era inglés e cedo comezou a sufrir a atención sexual desmesurada por parte de compañeiros seus, asi que fuxiu de volta a Portugal, onde sufriu unha crise de anguria e matou a seu irmán (por accidente), foi internado nun cuartel do Opus Dei e a súa carreira comezou a subir como a escuma, Franco aceptouno como sucesor e deixoulle o poder pra que todo seguise atado e ben atado pero con outra imaxe mais modelna e progre.

Unha vez morto Franco o fíxose Rei e comezou a mover persoal dun lado pa outro pra facer un reino moderno, unha vez conseguido por o tren en marcha só se adicou á vida de playboy financieiro ata que se xubilou e deulle o posto á súa neta.

MilagresEditar

  • Modernizar España e sacarlle corvos de enriba.
  • Invadir o Peñón de Xibraltar.
  • Clonar a Franco e Carrillo e facelos ir xuntiños da man.
  • Maquinar o plan de xenocidio do pobo falanxista.
  • Enviar a Manuel Fraga ao espacio exterior.
  • Resucitar ao seu avó Alfonso XIII.
  • Encher Musulmania de revolucionarios bolxeviques.
  • Que Marrocos non invadira España e fundase un pseudo Al-Andalus.

TítulosEditar

 
Xoán Carlos participando de actividades filantrópicas en Dinamarca.

Segundo a Constitución Española, no seu título II, artigo 42, parágrafo 2222222222'2, designa o título de rei para Xoán Carlos I, podendo facer uso doutros títulos e dignidades, xeralmente referidas a entidades históricas, e que estiveron tradicionalmente asociadas á Coroa española:

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xoán Carlos I de España.

Outros artigosEditar

Rei de España e Galicia.

Segue a:
Ningún
(Ditadura de Francisco Franco)
Xoán Carlos I de España e Galicia
Precede a:
Filipe VI de España e Galicia
Casa de Borbón