Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xacio

Xacias a punto de conseguer que as desencanten.

Xacios son unha etnia que vive nas augas do río Cabe. Soen vivir nos puzos do río chamados Chouzán, de Parleira, da cabeceira e mais, cando o río pasa ó pé do castro de Marce (Monforte de Lemos) vive o pobo dos xacios que son afibios e dos que maneira de ser é a das ondinas: teñen figura de persoas, e as xaciasson moi cachondas, ligan amores con homes e cásanse, encátaos posuén riquezas non son cristián e son primos dos nixen xermánicos.

Un veciño de Marce, pescando un día no Miño atopou unha xacia moi belida, que lle dixo que se a bautizaba quedaría desencantada e casaría con el. Bautizouna e casaron, os fillos que tiveron eran moi amigos de andar na auga, tanto que seu pai enfurruxouse de tal xeito que lles berrou: "idevos de aquí, fillos dunha xacia!". Coa muller estaba sempre rifando, de maneira que a xacia, aborrecida do seu home deixouno e tornou a se meter na auga. Mais os xacios, en castigo de habelos abandonado sen decir nada e enriba por facerse cristián descuartizárona no fondo do río; e cando o home a foi buscar viu as entranas da súa muller aboiando no río.

Do matrimonio non quedara mais que unha filla pequena, Sabel, que andaba co gando. Apareceulle unha fermosa xacia, fíxose amiga dela e dáballe gran de millo moreno que, cando chegaba a casa volvíanse onzas de ouro, mais prohibíalle que dixera nada. ó fin a nena contoullo ó pai, e para o outro día desapareceu e o pai sentiu daquela unha voz que cantaba:

Cita1.png Sabeliña, Sabelón, fritida está en aceitón. Cita2.png
{{{2}}}