Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Vlad Țepeș

(Redirixido desde "Vlad III, o empalador")
Vlad Tepes-01.jpg

Vladimiro Tepes nado en Sighişoara o 8 de novembro de 1431 e finado en Bucarest o 14 de decembro de 1476, foi un príncipe de Valaquia (hoxe sur de Romanía) e rei de Transilvania, famoso polas súas orxías con cadáveres enculados con estacas, o seu descendente mais famoso foi o Conde Drácula, que protagonizou Cincuenta sombras de Grey.

TraxectoriaEditar

 
Vlad tras torturar turcos e húngaros.

Vald naceu en Tepes, unha vila de Sighişoara, un lugar boscoso e montañoso da Romanía medieval antes de que Ceaucescu a fundara. Estas terras pertencían a varios señores feudais da guerra, que pelexaban entre sí o luns, os mércores ían contra Austria, os xoves contra os tártaros e cosacos da estepa, os venres contra o Imperio Otomán, o sábado facían progroms contra os xudeos (aos que podían masacrar cómodamente porque os sábados non moven nin un dedo) e os domingos escoitaban misa en grego.

Valdimiro naceu na casa reinante dos Dracul, pero seu irmán traizoouno e vendeuno a Estevo I de Hungría, éste revendeullo logo aos turcos, ata que o sultán o deixou libre e así regresou a casa e obtivo o trono tras matar a toda a súa familia e agocotar a maioría de nobres transilvanos.

 
Castelo de Bran, antiga residencia de verán de Vlad.

O Imperio Otomán atacouno varias veces en conveniencia secreta a ver si o Papa lle daba algún título honorífico pero Franco sacoulle o título de Sentinela da Cristiandade asi que Vlad púxose a atcara aos húngaros e despois aos rusos cando viu que Iván o Terrible ía contra del coa excusa de que moitos vampiros querían prostituír rusas cristiás.


  Vlad Țepeș xa morreu!!!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


Finalmente Vlad morreu de fame no alto do seu castelo dos Cárpatos estando sitiado polos húngaros de Fodíaczný pero como non viron o seu cadáver pensaron que fuxira convertido na rata con ás que pensaban que era.

Véxase taménEditar

Outros vampirosEditar