Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xudeo musculoso.png Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma Menorá, Talmud e outros.


Coran.jpg اذهبوا مؤخرتك، كافر!
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma Intifada, Magreb e outros.


Virxe María
Virginmary2.jpg
{{{descrición da imaxe}}}
Título: {{{título}}}
Nado: Data descoñecida, probablemente no séc I antes de seu Fillo. Se Xesucristo naceu no 7 a. C., Ela habería nacido entre o 30 e o 20 a. C., non? en Lugar descoñecido, adoita citarse Séforis
Finado: {{{data de pasamento}}} en {{{lugar de pasamento}}}
Festividade: 1 de xaneiro - María, Madre de Dios (novus ordo), 25 de marzo - Anunciación, 31 de maio - Visitación de María a Isabel, 15 de agosto - Asunción de María, 22 de agosto - María Reina, 8 de setembro - Natividade de María, 12 de setembro - Doce Nome de María, 21 de novembro - Presentación de María e 8 de decembro - Inmaculada Concepción
Venerado en: {{{venerado en}}}
Atributos: {{{atributos}}}
Patrón de: {{{patrón de}}}


A Virxe María é unha superheroína do Novo Testamento na saga da Biblia, de Vaticano Cómics (WC).

Índice

Orixe e vida de María nos textos relixiosos cristiáns

O Protoevanxeo de Santiago

 
A virxe da neve.

María naceu no seo dunha familia xudea aló polo século I Antes de seu Fillo, como seu pai San Xoaquín era rabino recibiu unha esmerada educación relixiosa, asi que sempre estaba dentro da casa e así seus pais non tiñan porqué gastar nunha chacha téndoa a ela; pra tela mais sumisa nunca a levaron á escola e lle puñan todo o tempo películas de Disney.

Cando lle viu a regra por vez primeira criu que estaba ferida e marchou ao hospital, pero como non había hospital púxose a gritar como unha tola porque cría que ía morrer. Grazas a esta experiencia cercana á morte accedeu ao don de corpo aberto. A este don sobrenatural veuna visitar moita xente, sobre todo a policía pra saber quen matara a quen (e a vítima aparecías dentro dela) e outros frikis como John Constantine, Aleister Crowley, Deadpool, Motoko Kusanagi... que lle abriron a mente e tomou conciencia de que era unha muller sumisa e subordinada a un home, que aproveitaba iso pra vivir dela e tela escravizada.

María fuxiu da casa, mais só chegou ata os altos do Golán, onde bateu cuns soldados de Israel que ó vela pensaron que sería unha terrorista/soldada palestina e dispararon sobre ela, afortunadamente puido fuxir e agochouse nunha coa onde bateu coa seita dos Esenios, cos cales conviviu uns días nos cales se formou e adquiriu maiores poderes ultraterrenais (din as malas linguas que foi onda a preñaron) pero como estaba sendo buscada por Paco Lobatón tivo que saír do agocho, ademais non tiña de qué vivir polo que colleu polo Xordán adiante, onde bateu con dous palestinos tripóns de tanta goma que levaban e ó vela pensaron que era unha espía e saltáronse polos aires, menos mal que María soubo millonésimas de segundo antes o que ía acontecer e se botou ó chan salvándose.

Cando chegou outra vez a casa seus pais a recibir moi ben, mais cando marcharon os da televisión seu pai sacouse o cinturón e meteulle uns zorregazos e María voltaba estar no seu lugar de orixe. Como xa era apta pra procreación (función pra que Iavé creou ás mulleres) seus pais anunciárono no patio do templo e voltaron a casa a agardar propostas de matrimonio. Pasaron os meses, pasaron os anos. Ao final foron onda a casa do veciño e lle pediron que casara a seu fillo pequeno co María, pra que aceptase puxeron de dote 300 cabras (que pra iso ean da casa do Rei David) e así conseguiron que Xosé desposara á rapariga.

Chegado a noite de consumir o matrimonio María pediulle a Xosé que se o podían deixar pra mais adiante, mais cando viu o carallo desdíxose e comezou a falarlle en gabacho e logo a practicar o tantra. Ao cabo duns meses María ficou encinta e tivo por fillos a Santiago, Xosé, Xudas, Simón e Xesús, como daquela non había ensinanza pública María e Xosé decidiron poñer a traballar a todos os seus fillos na carpintería familiar; mais como eran moitos e traballo non era tanto decidiron que Xesús se fixera carniceiro Cásher (ou Khoser), asi que o enviaron onda seu avó, o rabí, pra que aprendera os métodos queridos por Iavé pra sacrificar animais e papalos por xudeus de ben.

Evanxeos da infancia a Vida pública de Xesús

María en canto perdeu de vista a Xesús comezou a darlle ataques de insomnio e como daquela non había calmantes tratou de facelo á usanza antiga. Primeiro dándose de sartenazos na chola, logo traballando en calquera coussa todo o día pra cansarse, indo onda os rabinos a que lle leran cousas da Torá ou da Cábala (que como é tan divertida quedan durmidos ata os anxos), como non daba conseguido nada foi onda unha meiga que lle deu varios grans podres de centeo e unha receita pra logo tomalos en infusión, pero María seguiu mal as intruccións da receita e tivo unha sobredose de LSD.

Estando de viaxe parecéuselle un anxo a María, que lle dixo que ela era a elexida pra ser nai do Supremo Líder e que mais valía que non a cagara, se non iría pro inferno. Bo, isto provocou un ataque de ansiedade e de terror polo que María saiu fuxindo de Canaán e chegou en dous días a Xudá (cando o normal é chegar en 8 días) cando voltou de novo a casa estaba tan exhausta que durmiu durante un mes. A partir de entón Xosé deixou que María fixera o que lle viñese en gana.

E así María viviu feliz, ata que viu que seu fillo menor, Xesús era unha prea, que en vez de traballar andaba cuns mariñeiros de auga doce por toda Palestina provocando ós curas decindo que era fillo de Deus; como María non quería que lle lapidasen o fillo foi buscalo canda seus irmáns pero os discípulos non deixaran que Mary entrara no botellón onda se atopaba seu fillo, asi que tivo que agardar a que viñera pola provincia. Mais cando o deu atopado xa era moi tarde e súas broncas co rapaz caeran en saco roto xa que fora capturado pola garda civil e acusado de ser do IRA foi executado.

Últimos anos segundo a tradición cristiá

Esta nova desgraza na súa vida fixo que caera nun éxtase e vira que si, seu fillo era Deus e tamén era fillo de Deus. Como non tivera estudos superiores pasou diso e botoulle a bronca a Cristo, pero éste só a miraba con cara de ionki e saudouna. Cando reviviu Mary viu que aquilo ira a piro e seus antigos compañeiros de botellón do fillo estaban montando un cisma entre os xudeus, como ela non quería estar outra vez asoballada por un home fuxiu da casa (o moi astuto de Xosé dixo logo que ascendera aos ceos) e marchou polo mundo a facer o ben e loitar contra a inxustiza.

Superpoderes e desdobramento astral

 
A Virxe do cristal.

Pra algúns esta figura do Universo Bíblico non está claro, xa que si moitos miragre os fai recitando un texto... iso non é o que fan tamén as bruxas e meigas??? Por esta razón os protestantes a miran desconfiados. Debido a que o mundo era moi grande desdoblouse en múltiples persoalidade grazas ó seu control do corpo astral e así creou á Virxe da Neve, virxe do cristal, virxe do Monte, Virxe de Lourdes, Virxe de Fátima, Virxe de Augasantas, Virxe do Carme, Virxe do perpetuo socorro, Virxe dos dores, Virxe auxiliadora, Virxe da Alba, Virxe da Almudena, Virxe de Loreto, Virxe do Pilar, Virxe do Rocío, Virxe da medallita, Virxe de Estíbaliz, Virxe de Guadalupe, Virxe divina pastora, Virxe do Coromoto, etc.

Estas encarnacións espacio-temporais permitíronlle salvar miles de humanos e humanas, asi como dar avisos sobre que si votaban ás esquerdas íase acabar o mundo grazas ós seu poder de clarividencia, ou que deixasen de ver tanta MTV e rezasen o Rosario.

Desgalería de imaxes divinas da Virxe María

Véxase tamén

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Virxe María.

Outros artigos