Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Viño da casa

Viño da casa é unha marca de viño popular fabricado na casa (Na casa de quen?).

FabricaciónEditar

O viño da casa elabórase a partir do zume das uvas e sen ningunha química.

Trala vendima, que debe realizarse tras varios rituais de purificación e en días de lúa chea, as uvas lévanse á bodega familiar, alí embórcanse na cubas e písanse cos pés espidos de dúas mozas virxes, as uvas pisadas son enviadas á prensa, onde se lles remata por sacar todo o zume expreméndoaas ó máximo coa axuda dun macho de 28 anos varudo e con pelo en peito na panca. Unha vez extraído o zume dos deuses, a ambrosía das cepas, nas cubas estas déixanse a fermentar por varios días cun pouco de azucre de pene e vaise controlando o proceso e botando de vez en cando un pouquiño-moito de bisulfito.

Unha vez rematada a fermentación procédese a pechalas cubas, selándolles a boca con unha mestura de arxila e bosta de vaca recén parida. O viño vaise enfriando baixo o abrazo das cubas e facéndose coa axuda dun pouco bisulfitiño mais... e algo de xamón, mel, licor de uva, mostaza, cinza, ortigas, chumbo, brandi, antioxidantes, enzimas, microosixenación, auga...

Tras facer estas estabilizacións xa s epode almacenar durante séculos nas barricas de carballo e servir o viño. Almacénase en botellas de cristal nalgunha cova escura, e logo subilo pra casa e repartilo a eito entre os visitantes.

Cultura do viño da casaEditar

 
Unha persoa tras beber viño da casa allea.

Débese ofrecer a tódalas visitas e encher de todo, ata arriba, o vaso dos demais pra que aínda que non lle guste ó primeiro trago se beba todo.

EfectosEditar

 
Isto é o que che pode provocar a inxesta de viño da casa.
  • Úlceras nas vías dixestivas.
  • Garganta queimada.
  • Superpoderes de voar, raios X nos ollos, forza sobrehumana, instinto maternal, intuición femenina...
  • Hidrocefalia.