Vexeta
![]() |
Made'n Xapón Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños con tecnoloxía xaponesa. |
Vexeta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Perfil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Vexeta é un extraterrestre humanoide, primo segundo de Son Goku, emisario do Imperio Freezeriano.
HistoriaEditar
Nado no planeta dos Sayajin, que daquela era unha colonia militar do Rei Cold, Vexeta era príncipe de Bekelar, xa que seu pai era o rei Hortalizasyjín I, e a súa nai unha vasca chamada Edurne Itxurmendi Itzaorraola Garmendía Horrotxurlaizla Garmengoa. Non se sabe de quen herdou a mala ostia pero suponse que seus educadores deberon ter que ver algo niso.
Cando o seu planeta foi conquistado por Freezer, Vexeta convertiuse en Silver Surfer ou algo así, ía de planeta en planeta xunto a seu mozo Nappa, e cun par de ostias ben dadas conseguía que o planeta se rendese sen que Freezer tivese que ir ata alí, así o Imperio Freezeriano aumentou ata que tocou co Imperio Galáctico (que non ten nada que ver con Galactus eh?) organizándose a Primeira Guerra Cósmica, pero diso nada sabemos xa que Vexeta ao visitar o planeta terra atopouse co fornol da súa chanca... a Son Goku!!
En canto Vexeta viu a Kakarotto namorou del pero como non estaba afeito a exteriorizar os seus sentimentos comezou a atacalo co seu Qi, alegrouse cando viu que Nappa morría a mans de Yamcha, así non tería que dicirlle que se namorara doutro, tras miles de intentos de matar a Songoku Vexeta pasou por un perído de tempo sufrindo un trauma psicosocial que o levou a ser heterosexual baixo o influxo da lúa e rematou por casar con Burma por convenciencia.
SuperpoderesEditar
- Ten o pelo sempre electrocutado.
- Sempre anda en modo cabreo sen gastar enerxía.