Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Vestio Alonieco

Vestio Alonieco
Vestio Alonieco.jpg
O Deus Vestio en todo seu esplendor cornudo.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Lourizán Pontevedra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deus cornuudo.
Patrón de:


Cita1.pngQuizais quixo dicir: CernunnosCita2.png
Google sobre Vestio Alonieco

Cita1.pngVestio Alonieco, un parente dos deuses celtas continentaisCita2.png
Fermín Bouza Brey sobre Vestio
Cita1.pngVestio Alonieco,non sabemos a pinta que ten, a pedra ésa do home cornudo foi atopada cerca das dúas aras co nome de Vestio Alonieco, pero vai ti saber se os galaicos lle poñían cara aos deusesCita2.png
Francisco Calo Lourido sobre Vestio Alonieco antes de que lle dese un cornaso

Vestio Alonieco é un dos deuses dos Galaicos.

MitoEditar

Vestio naceu en Lourizán, Pontevedra, fillo da princesa Calpurnia Abana e un touro sagrado de Reve (algúns pervertidos sexuais afirman que dito boi era en realidade o propio deus Reve encarnado no animal), o rapaz ao mnacer tiveron que disfrazalo con grandes sombreiros de palla, pero conforme pasaba o tempo a cornamenta seguía a medrar, polo que o acabaron botando da casa e vestio se tivo que buscar a propia vida polos camiños.

Como nos camiños poñían aos enfermos dos castrexos Vestio deu en especializarse na sanación de enfermidades, así a catarreira a curabaa base de pó dos seus propis cornos e outras enfermidades as curaba con herbas mediciñais, para traumatismos empregaba xa daquela emplastos duros de arxila pra rexenerar en condicións os ósos; grazas a esto ganouse a devoción de moita xente, ata que un mouro se cansou da súa competencia desleal e lle enviou un maleficio, pero Vestio puido con él e enviou a o mouro dunha cornada aos Estados Unidos de América, onde foi o seu presidente.

Daquela Vestio deu en cambiar de profesión, estudou unha FP de mecánica, foi a Vigo e consegiu traballo en Citröen apretando torcas, alí deu co sentido da vida e tivo unha aparición da virxe, que lle confiou o 5º misterio de Fátima, grazas a este coñecemento sagrado montou unha confraría de guerreiros e fundou un castro en Lourizán, desde onde botaba grandes aturuxos e ía de razzias a territorios veciños pra poder vivir sen dar pao á auga. Nistas estaba cando baixou Reve do Monte Larouco e lle chamou a atención, dándolle una bronca de campionato acerca da honorabilidade e que formas eran ésas de comportarse (que xa parecía o banqueiro de Pratos Combinados), pero Vestio contestoulle ao pai, que si menudo pai era que o deixara abandoado e sen un can, que xa podía enchufalo no Olimpo Castrexo e levalo canda él pra o Monte Pindo, aínda que fose como xardineiro do Olimpo Castrexo.

Finalmente consegiu que seu pai o enchufara na Deputación de Ourense, alí comezou como arquiveiro e de tanto dar bruos e arremeter contra conetestatarios e enemigos do Baltarismo consegiu o posto de segredario do Politburó Baltárida, logo voltou a Pontevedra e consegeu ser o home de confianza de Rafael Louzán, aínda que seus inimigos afirman que é o mozo secreto de Alberto Núñez Feijóo, e desde alí foi abducido por Reve, noso señor que o teña na gloria bendita, pra ter ao seu fillo e o protexa contra dos comunistas de Galicia Bilingüe.