Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Vasco da Ponte

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Vasco de Aponte
VascoAponte.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1470 ou 2089.
A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir literatura épica.

Vasco da Ponte foi un ecritor galego, nado en A Coruña e por ser o escritor galego de literatura épica mais vendido grazas ó seu panfleto-novela "Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza".

Vida, espadazos e viño do RibeiroEditar

Vasco naceu na Coruña, como sues pais eran pobres coma ratas vendérollo a un cura pra que o escravizara sexualmente e de paso lle ensinara a ler e escribir e se fixera abogado, mais o crego fíxolle espertar nel unha vea creativa e o neno decidiu ser escritor, como na súa época o mundo estaba dominado por uns poucos decidiu escribir moi ben sobre esas persoas e seus enemigos) pra así poder vivir de facerlles a pelota.

Tras aprender a ler e escribir, tanto en latín como en galego reintegrata e castelán de la Coru, comezou a viaxar de pazo en pazo ofrecendo seus servizos como xenealoxista, profesión moi en boga daquela na cal o escritor reunía datos sobre os devanceiros dunha familia e os escribía todos... ao revés, se o avó fora un bandido e fillo de puta, no libro aparecía como un cabaleiro bo e xeneroso, se o tataravó fora un treidor ao rei e despois ós conxurados no libro aprecía como un moi leal servidor que correra o risco e vergoña de ser un espía entre os que lle querían mal ao rei, se a orixe da familia nobre era de baixa cuna no libro aparecía unha sera que fodía cun antergo moi antigo e de ahí saía toda unha liñaxe de bravos guerreiros mutantes contra o Islam.

Mais a soldada recibida (que non a soldadeira), a paga que cobraba só lle chegaba pra viaxar entre pazo e pazo sen morrer de fame, asi que decidiu subir un chanzo mais arriba e acudiu ós grandes señores feudais da Galiza e lles propuxo facer unha recopilación das grandes fazañas de seus antergos, inmortalizándoos nun manuscrito que viviría polo séculos dos séculos e traendo á memoria dos homes o pretixio, gloria e honor dos vellos petrucios. A maioría das casas nobres aceptaron (excepto os de Ourense e Lugo que pasaban de moderneces) e anos mais tarde deu ó prelo seu libro:"Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia", onde aparecían reseñadas as grandes liñaxes galegas:

Tras escreber toda esta sarta de mentiras pros seus patróns consegiu unha beca deles coa que abriu un bufete e comezou a moda dos preitos no país, así foi vivindo alegremente entre disputas de fidalgos contra fidalgos, cregos parroquiais contra mosteiros, señores feudais laicos contra señores feudais relixiosos,etc

Grazas ós preitos reuniu unha gran fortuna que foi invertindo en mercar rentas de mosteiros e buscar unha muller dalgunha casa nobre vida a menos e así meteu ós fillos no negocio opresor da nobreza, obtendo títulos e rendas; morreu en cheiro de manuscritos, memoriais, apelacións e expedientes do catastro en 1535 mentres os descubridores españois do recén creado Imperio español se fartaban a matar indios nas Américas.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vasco da Ponte.

Outros artigosEditar