Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Valga

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Valga (homónimos).
Valga
Escudo de Valga
Nosaseñoradasaude.jpg
Ermida da nosa Señora... da saúde!!
Situación
Situacion Valga.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Caldas
Poboación hab. (2020)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2020, ou non.

Valga é un concello da provincia de Coruvigo.

Índice

HistoriaEditar

Valga foi habitado polos humáns cando unha nave extraterrestre planou no Xiabre, botando na cima a uns cantos humanoides que poboaron a zona e desde entón viven aquí. Durante o paleolítico viviron coma Deus e co Neolítico tiveron que prose a traballar na terra e todo fíxose mais aburrido, inventaron o comunismo pero debido a uns malos anos de colleita tiveron que amurallarse en Cordeiro e Setecoros e ir raziar a Pontecesures e Catoira (desta época é o libro Táin Bó Cúailnge).

Nestas estaban cando veu Xulio César e les axudou a levar a violencia doméstica pra outras partes do Imperio Romano enrolándoos na lexión extranseira mentres metía escravos nesta zona, que se rebelaron mais tarde ao mando de Ferreirós Gil e conseguiron a axuda dos suevos e conseguiron logo varias subvencións da Deputación (pero pra iso tiveron que desfacerse de Ferreirós...) co que conseguir algo de Obra pública e así estabilizar a política local polo que se fixeron priscilianistas, construíndolle unha catedral a Prisciliano (cando foi asasinado por colegas seus da Igrexa católica) en Martores.

O resto da Idade Media os labregos e todos os que traballaban foron chuchados polos curas e a fidalguía da rexión, ata que veu Napoleón Bonaparte e liberaros, pero foron os habitantes foron enganados polos cregos talibáns e iniciouse a Jihad Independentista española contra os gabachos conseguindo que trouxeran de volta ao rei Fernando VII O Atrasao, que marxinou e fixo atrasar mais a España (desde entón perdeu seu imperio...) convertíndose en Españistán durante séculos (houbo parénteses liberadoras como os periodos republicanos e anarquistas).

Durante o reinado de Miguel Primo de Rivera a parroquia de Requeixo independizouse pra darlle un feudo caciquil a algún neto segundo de Saturnino Álvarez Bugallal mentres o ditadorbrando selvatizaba todo o concello pra convertir Galicia nunha enorme selva que dese só madeira e emigrantes, coa IIª República española tentouse facer algo... pero entre radicais de ambos lados ao final non se chegou a ningures, cousa que aproveitou un soldado pra ser rei, Franco reinou durante 40 anos e meteu a ENCE no lugar pra que papara toda a madeira mentres exportaba emigrantes, durante o reinado de Xoán Carlos I de España modernizouse un tanto o lugar cunha autovía e unha nacional mais ancha pra que a xente puidera emigrar con mais facilidade a Vigo ou A Coruña.

XeografíaEditar

LocalizaciónEditar

Valga atópase no interior da provincia de Vigo na fronteira coa provincia de Santiago de Compostela á beira do Ulla xusto enriba do nacente da Depresión meridiana onda o Monte Xiabre (lugar de avistamento de Ovnis)

Flora e faunaEditar

Entre a flora podemos atopar moita herba mala (estramonio), árbores malos (eucaliptos), arbustos malos (mimosa), etc. Nembargantes entre a fauna podemos atopar ao simpático can de palleiro, ao viril xabarín, á paciente vaca, ó machote boi porén tamén hai... humanos!!!!!!

ParroquiasEditar

Lugares de ValgaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Valga vexa: Lugares de Valga.

Véxase taménEditar