Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Un Universitario é un ser vivo do xénero Homo sapiens sapiens requetesapiens que soe ir (ou non) ao campus a ser encuado por un catedrático que lle dará miles de datos e métodos de interpretación deses datos para que consiga saír do campus feito un adulto.

HistoriaEditar

Os primeiros universitarios foron os Goliardos, estudiantes que ían de campus en campus por toda Europa occidental catando os distintos tipos de alcohol e poesía para promocionar a Unión Europea conectando con Al-Andalus e creándose o Renacemento. No cal a maioría de universitarios foron ao norte de Italia e desde alí algúns pasaron ao Imperio Otomán e outros de volta a seus fogares provocando a Idade Moderna, nos seguintes séculos trataron de crear ouro mediante alquimia e outros fixeron de todo para tentar seren o preferido dos príncipes alemáns.

No século XIX os universitarios vestían de primeira comuñón e tentaban ter tanto éxito como Víctor Frankesntein ou seren mais leídos que Dan Brown e ligar no teatro, a mediados do XX os universitarios comezaron a convertirse no que hoxe son, xa que o Estado viu que era bo que os fillos dos proletarios estudasen tamén na universidade para gañar a Guerra Fría. O neoliberalismo convertiu finalmente aos estudiantes universitarios en estudiantes de FP.

Tipos de universitarioEditar

  • Playboy: cos cartos de seu pai da multinacional vai a clases nun coche deportivo sempre peiteado con brillantina.
  • Chapón: vestido tal e como lle indicou súa nai fai anos perderá a virxindade no cuarto curso da carreira.
  • Revolucionario: está todo o tempo organizando manifas e canta nas asembleas.
  • Casadeira: só está aquí para obter contactos que a leven a un matrimonio de conveniencia para a súa liñaxe ou a súa propia vida de consumismo.
  • Atleta: deportista de elite que só vaia a clases cando hai Olimpiadas, ou era ao revés?
  • Vello: o que leva tentando acabar dereito desde fai 9 anos e mentres xa mudou a Constitución de tres países distintos, desapareceu a Unión Soviética e Iugoslavia, China convertiuse o capitalismo, Corea do Norte reinvadiu Corea do Sur, Fidel Castro democratizou a súa finca, etc.
  • Testemuña de Xeová: estudante que tenta convencerte para que entres na editorial Atalaiaouh! quixen dicir a relixión ésa...
  • Estudante de enxeñarías: todos chapóns, gamers e outros nerds, falan mediante alfabeto alfanumérico e soen soñar con ser mercebinarios ou con lanzar outro Xatcobeo...
  • Estudantes de Belas artes: mocidade con trastornos de persoalidade que soen ter clases de terapa artística e andan polos campus facendo performances e happenings, cando rematan a carreira soen traballar en Zara ou facer intrusismo laboral a deseñadores gráficos, modistos, albaneis, arquitectos, pintores de brocha gorda, graffiteiros, skaters, etc
  • Estudantes de matemáticas: e outras ciencias exactas son polo tanto útiles para a vida despois da universidade.
  • Estuduantes libearais: non... non son desa clase de liberalidade que ti cres...