Unión Europea
A Unión Europea (UE) é un intento de varios países europeos (Francia e Alemaña) pra tentar dominar o mundo.
Unión Europea | |
---|---|
Capital • Poboación |
Bruxelas n/d |
Linguas oficiais | n/d |
Nicolas Sarkozy (presidente) | |
• Total | n/d |
• % auga | n/d |
• Total | n/d |
• Densidade | n/d |
PIB (nominal) | |
• Total | n/d |
• per cápita | n/d |
• Total | n/d |
• per cápita | n/d |
Moeda | n/d |
IDH | n/d |
Xentilicio | europeo |
Fuso horario | n/d |
• Horario de verán | Non aplica |
Dominio de Internet | n/d |
Prefixo telefónico | n/d |
Prefixo radiofónico | n/d |
Código ISO | n/d |


Índice
HistoriaEditar
AntecedentesEditar
Quen tivo a idea orixinal non se sabe moi ben, aínda que se sospeita pertenceu ao pobo dos megaliteiros e lle meteu ideas raras na cabeza a Alexandre Magno, que comezou a invadir os reinos veciños pra así ter unha política común de producción de iure, a idea foi retomada durante o Imperio Romano, que consegiu a primeira Unión Europea.
Durante a Idade Media, a idea seguiu pulsando nas mentes inquietas dos gobernantes, primeiro dos do Imperio bizantino (que era o que quedaba do Imperio Romano), despois Carlomagno, o Sacro Imperio Romano Xermánico, logo o imperialista católico de Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico (coñecido franquísticamente como Carlos I de España e V de Alemaña) tentou unir toda Europa baixo a súa bota ao tempo que o consabido sultán do Imperio Otomán tentaba facer o mesmo, pero desde a outra punta de Europa.
Durante os séculos XVII-XIX os diversos imperios europeos estiveron moi ocupados invadindo o resto do mundo como para pensar en unirse e así invadir todo o mundo e parte da galaxia; tivo que vir Napoleón Bonaparte e reactualizar a idea, idea que sería recollida polo káiser Guillerme II e logo por Hitler e Mussolini.
Orixes da Unión EuropeaEditar
- Artigo principal: Historia da Unión Europea.
A mediados do século XX e tralas dúas guerras mundiais, os imperios europeos estaban derrengados de tanto matarse entre sí e varios altos funcionarios tiveron a idea de unir de forma sui generis os seus países antes de que os Estados Unidos de América e Rusia os invadiran a eles, e comezaron a cooperar creando unha autoridade común para controlar a producción de carbón e aceiro (piares básicos daquel entón para controlar a economía mundial). Despois de moitas discusións, terrorismo de estado, propaganda política digna de Goebbels e firma de tratados en capitais de prestixio caduco chegamos á actual Unión Europea, polo cal cada autoridade dun país pode botarlle as culpas a Bruxelas de todo canto vai mal no seu propio país por mor da política da súa administración. Así de paso servía como tapón frente á Unión Soviética, mentres tentábamos competir contra os Estados Unidos de América, paradoxa graciosa ista.
SímbolosEditar
- Bandeira: círculo de estrelas sobre fondo azul, simboliza a táboa redonda onde se xuntaban os cabaleiros do Rei Artur pra foder ós labregos e sacarlles cartos coa excusa dalgún imposto.
- Lema: Unida na subvencións; xa que moitos países, como Irlanda e Galicia, reciben subvencións a cambio de poñerse de xeonllos e vender o seu cú.
- Himno da UE: Oda á ledicia, en alemán Kraft durch Freude composta por Von Karajan e musicada por Wagner.
- Día da Unión Europea: o 9 de maio, día copiado do paganismo xermánico, adicado ao deus Wotan.
Goberno e instituciónsEditar
Debido a que existen autoridades que non queren que no seu país manden extranseiros e autoridades que regalan o seu poder aos extranseiros, a Unión Europea ten un sinfín de institucións pra contentar a ambos bandos e así foder á xente da rúa e ós traballadores.
Partidos políticos europeosEditar
Dentro do Parlamento Europeo mandan diferentes partidos políticos que se agrupan en diferentes bandos:
- Fachas: Partido popular europeo, conservadores e reformistas europeos, alianza dos liberales demócratas por Europa, alianza progresista de socialistas e demócratas.
- Vexetarianos: alianza dos verdes.
- Esquerda: esquerda unitaria europea.
Este parlamento só serve pra establecer políticas comúns entre os grandes partidos democristiáns e socialdemócratas, así como facerse destinar uns cantos miles de euriños pra financiarse os partidos.
Galicia na Unión EuropeaEditar
Trala morte de Franco o Estado español comezou a ser ben recibido en Francia e Inglaterra con miras a entrar na Unión Europea, para ver se os españoliños ían en serio puxéronlle varias condicións inaceptables para calquera persoa con sentido común, e o estado español aceptounas:
- Que Galicia e Asturias deixaran de producir tanta leite.
- Que Andalucía entregas e o control do seu aceite ao "mercado" italiano.
- Que a fruta da Península Ibérica tivese menos valor ao atravesar os Pirineos.
- Desmantelar a industria (Reconversión do sector naval...)
A cambio diso recibiríanse unhas sustanciosas subvencións pra que España non caese no terceiromundismo e se desmontara toda a súa producción e ninguén protestase a cambio das esmolas europeas (subvencións que os políticos se podían repartir ás súas anchas a través de obra pública a empresas amigas, diputacións, enchufar parentes, GAL, Bárcenas, etc).
Véxase taménEditar
Artigos relacionadosEditar
- Comunidade Económica Europea
- Constitución Europea
- Lista de grupos terroristas da UE
- Linguas oficiais da Unión Europea
- Institucións Europeas