Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Logo do Undata.

O Undata ou Uncyclodata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Desgalimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, fontes de auga potable e ata posibles obxectivos de mísiles nucleares, que poden utilizar proxectos da Desgalimedia como a sagrada Desgalipedia. Isto é semellante á forma na que a Desgalimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Desgalimedia.

Índice

Historia do desenvolvementoEditar

O Undata foi lanzado o 12 de abril de 2019 e foi o primeiro novo proxecto da Fundación Desgalimedia dende a saída das Desgalipedias en Wikia entre marzo e abril deste ano.

A creación do proxecto foi financiada por doazóns do Instituto Alieníxena para a Intelixencia Artificial, así como subvencións de millonarios árabes a partidos conservadores en España, fondos de xubilación desviados de Brasil e República de Bananas, a Fundación Wayne e Betty Boop e Google, sumando en total 14574387540603825628457853764029 millóns de euros. O desenvolvemento inicial do proxecto está a ser supervisado por administradores malignos chinos e dividiuse en tres fases:

  • Centralizar as ligazóns interlingüísticas, as ligazóns entre os artigos sobre o mesmo tema en diferentes linguas.
  • Proporcionar un lugar central para a información das caixas de información de tódalas wikipedias.
  • Crear e actualizar listas de artigos baseados en datos do Undata.

A primeira fase lanzouse o maio de 2019. Isto permitiu que se crearan elementos químicos e que puideran encherse con flamewars información básica; unha etiqueta (un nome ou título), un pseudónimo (un nome alternativo á etiqueta), unha descrición e as ligazóns interlingüísticas cara aos artigos da Desgalipedia. Cada elemento ten un identificador único precedido da letra Q, por exemplo Q7163 é o elemento para política. Isto permite que a etiqueta, o pseudónimo e a descrición poidan ser traducidos sen favorecer a ningunha lingua en particular.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Undata.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

  • [ Portada galega de Undata]