Abrir o menú principal

Desgalipedia β


The Beatles.
Beatlesglam.jpg
Os Beatles provocaron o surxir de novos estilos amais aló do pop covencional de súas guitaras, batería e voces.
Orixe Liverpool, Inglaterra Inglaterra, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Período 19581970
Xénero(s) Neutro... Cantaren disfrazados de jipis con Rock, Pop e Rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) Parlophone, Capitol, Apple, Odeon, Vee-Jay, United Artists, Atco, Swan
Membros John Lennon,
Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr
Antigos membros Stuart Sutcliffe
Pete Best

The Beatles foi un grupo de pop inglés mais famoso do mundo.

Índice

HistoriaEditar

Todo comezou cando John Lennon fundou un grupo musical pra ligar coas mozas (xa que era moi feo e pouco viril) tras escoitar a Elvis Presley debido a que as súas compañeiras comezaron a fixarse neles sumáronselle mais persoas ficando ao final Harrison, McCartney, Lennon e Ringo Starr.

Debido a que rematan a primaria e non querían nin estudar nin traballar un cazatalentos aproveitou pra contratalos e envialosa un puticlú a Hamburgo onde alí os fixeron homes tras varias sesións de BDSM, voltando pra Inglaterra cunhas pintas mais rockeiras e conseguindo máis exíto (xa que viñan coa fama de saber facer moi ben o bondage).

Grazas a que as rapazas viraban histéricas coas súas cancións (e iso que só eran sobre o amor) o MI 5 e a CIA contratáronos pra lavar ao cerebro occidental, foron entreados en Gales con melodías hipnóticas e así conseguiron ter mais éxito, pra acadar o Olimpo enviárono aos USA, onde Elvis os iniciou na Masonaría e compuxeron o album branco, debido a que tivo un éxito inesperado os da CIA enviáronos á India pra que se lles aclarasen as ideas e foran mans obedientes cos mandos, pero alí un mestre espiritual, o gurú Maharsisi Pichichi meteulles ideas raras na cabeza, que si paz mundial amor a todo o mundo... facendo deles uns jipis perdidos e compondo cançóns sobre Lucías con diamantes, os Beatles foron chamados á orde e internados nun búnker unha tempada, saíndo del sen barbear e cunhas guedellas tremendas.

Cando os ianquis os viron gustoulles moito e copiáronlle a tendencia, ante isto o Presidente dos Estados Unidos de América chamou á orde a Elvis Pelvis e iste enviou a Yoko Ono pra que se liara con tódolos integrantes e lles pasara ladillas asiáticas, o plan non funcionou ao namorarse Yoko de Lennon, debido a que a xaponesa se levaba mal coas outras mozas e chamaba gay todo o tempo a McCartney mentres lle lambía o cu a Paul fixo que os músicos se separasen e desde entón non se voltaron xuntar.

DiscografíaEditar

Tiveron moito éxito debido ás súas cancións ñoñas e simplonas, como ésa que incita ás drogas do LSD...

Sinxelos
Álbums de estudio

Recompilatorios e outros álbumsEditar

Desgalería de imaxes beatEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: The Beatles.

Outros artigosEditar

Modelo:Paseo da Fama de Hollywood