Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Terra Eo-Navia

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Terra Eo-Navia
Bandeira de Eo-Navia.png Escudo Castropol.gif
Bandeira Escudo
Localización
Mapa Eo Navia 1608.jpg
Datos
Capital Navia
Comunidade Autónoma Asturias Asturias
Superficie km²
Poboación (2019) hab.
Densidade de poboación hab./km²


Cita1.pngQuizais quixo dicir: ValenciaCita2.png
Google sobre Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia é a rexión do occidente do Principado de Asturias entre os ríos Eo e Navia, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos galegos que Oviedo oprime pra que sigan sendo de Asturias, cando en realidade alí só falan galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia irredenta.

Índice

HistoriaEditar

 
Da deusa Navia venlle o nome.

O lugar foi habitado polos galaicos (Albións, Cibarcos e Egobarros) o Imperio Romano extendeu por alí a provincia de Lugo, mais durante a Idade Media os terratenentes de Oviedo agasallaron con estas terras ao bispo de Oviedo pra que tivera alí o seu pazo de verán e pastos pras súas mandas de biosbardos, todo a cambio da vida de ultratumba no paraíso que lles prometera o crego si lle daban moitas terras gratis.

Coa caída do Antigo Réxime, o goberno de Madrid decidiu crear provincias ao seu xeito (estilo inglés cando dividiron os países de África con liñas rectas sen respetar territorios das tribos e así hoxe hai guerras) e o funcionario Xavier de Burgos colleu e meteu ditos concellos na provincia de Asturies. desde entón son oprimidas e vilipendiadas desde Oviedo, e si collen alí a algún habitante o envian como escravo nos Alsa cara Madrid.

ClimaEditar

O clima é invernal todo no inverno e temperado en verán, case sempre está chovendo e as temperaturas non suben de 20º.

Fauna e FloraEditar

Entre súa fauna destaca o camelo, o dromedario, as gacelas e os oso das cavernas, a única flora é a das árbores de folla sexofoliada.

XeoloxíaEditar

Debido ó pregamento hercíncio no precámbrico superior hai un grande número de submontañas con fortes pendentes e creáronse centos de vales pequenos onde medrou unha civilización suerior que creou a lingua galega, extendéndoa cara Occidente ata chegar ó mar, de feito estudos recentes das universidades de Springfield, Kabul e Allariz din que os xenomas apuntan que os celtas, tal e como os coñecemos, naceron nestes vales e se expandiron por toda Eurasia no primeiro milenio A. de C.

ConcellosEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Terra Eo-Navia.