Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Teodomiro (rei suevo)

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Teodomiro.
Teodomiro.jpg
Información
Nacemento Descoñecida
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 570.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúan o reino suevo de Galicia.
Ficheiro:Teodomirosuevo.jpg.jpg
Teodomiro fundando Braga.

Teodomiro foi rei dos suevos durante 11 anos(559-570), reorganizando o reino e pondo as bases da futura potencia xermánica na península ibérica.

Índice

Vida e reinadoEditar

Teodomiro naceu en Leboriz(A Cañiza) no ano 510, seus pais eran Siwulf e Goslïndh, donos da maior cabana gandeira entre o Areas e o Paradanta e con fortes conexións familiares en Lugo e Ferrol. Educado nas artes marciais por Silwulfredh de Guntín cedo destacou na loita contra os lobos e o xabaril que lle andaban a estragar os pastos e o gando, enviado como escudeiro á corte do rei Harjakeiraz en Braga. Alí permaneceu baixo a custodia da familia de terrapossesores Harjameraz amigos de seu pai que o educaron no arte da guerra coa hacha e así fíxose xefe dunha sección de elite do exército suevo.

Sendo ascendido a xeneral de Estado Maior participou en manobras conxuntas contra dos bagaudas e tribos cántabras que ían roubar á Meseta Central en anos de mal tempo, invadindo Coímbra e levando o imperio suevo até Astorga; isto fixo que aumentase os seus contactos e mais amigos, que ao cando viron que o rei estaba nas últimas fora elixido por el e seus asesores pra ser o novo rei, refrendada esta directriz no Parlamento suevo foi coroado rei á morte de Carriarico. O primeiro que fixo foi conocar un Concilio suevo, onde se reunia a xente importante e con influencia pra mudaren as cousas, e así reformou o reino suevo aliándose coa Igrexa católica, unindo a suevos e galaicos pra formar a nova potencia no Noroeste, federación das diferentes aldeas e casais a través da parroquia ultimando un imaxinariun único e cristián católico mentres abandonaba o arianismo e facia esquecer á xente o priscilianismo. Pra ter suxeitos ós cregos quedouse el co poder de elixir bispos e obrigaba ós mosteiros a dar clases gratuítas e así alfabetizar a toda a poboación pra logo invadir o mundo mentres se facía o manso cos visigodos.

Morreu anos despois tras unha enchenta de cereixas e viño verde e como se esquecera de fundar o Sergas morreu entre grandes dores.



Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Carriarico
Teodomiro (rei suevo)
Precede a:
Miro
Rei dos Suevos

NotasEditar


Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Teodomiro (rei suevo).

Outros artigosEditar