Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Teodemundo

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Teodemundo.
Teodemund.jpg
Información
Nacemento Descoñecida
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 550.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúan o reino suevo de Galicia.

Teodemundo foi rei dos suevos durante 81 anos (469-550)[1] no Período Escuro (inda non se fundara Penosa).

Índice

Vida e reinadoEditar

Nado no ano 448 en Roiriz, Folgoso, Allariz de familia rica e nobre con moitas vacas (que outra cousa se pode cultivar nas terras de Allariz?) sendo educado polo seu tío nas artes marcias, vendo que o rapaz non tiña moita sangue ao final ensinoulle valetudo e deulle o mando dos mozos da súa quinta pra que fosen depredar un pouco á meseta.

Cando voltou trouxo canda sí 500 vacas, 300 bois, 200 homes e mulleres que querían fuxir da escravitude á que ós tiñan sometidos os hispanorromanos e un misioneiro evanxelista (que non tivo moito éxito e rematou por facerse anacoreta na Ribeira Sacra); grazas a éste éxito consegiu un postiño na asemblea provincial de Ourense (chamada daquela Waurensis) e finalmente encabezou unha comisión de I+D na corte sueva de Braga (capital do reino Suevo). Alí contactou con outros frikis coma él e fíxose con moitos segredos nucleares do tambaleante Imperio Romano de Occidente; durante esta época o rei Veremundo faise cristián ariano (e con él tódolos seus súbditos xermánicos mentres os galaicoromanos eran fifty fifty católicos, arianos e priscilianistas de Prisciliano que estaba soterrado e Santiago de Compostela) a familia de Teodemundo encárgalle buscar artistas e arquitectos pros proxectos de construcción de varias igrexas por todo o reino, intervindo na construcción de Santa Comba de Bande e San Xoán de Panxón (Vigo). Isto fíxoo aínda estar mais cerca do rei facéndose amigo del tras unha orxía nun cuarto escuro.

Isto fixo que no ano 468 fose adoptado como herdeiro ó trono e trala morte natural do anterior rei Veremundo foi rei. O seu primeiro acto foi inaugurar Santa Comba de Bande e o enterro de Veremundo nas tumbas antropomorfas de Monsanto (Portugal) logo fixo os banquetes funerarios e voltou a Braga, descentralizando o reino e levando os xulgados a Waurensis, fortificando o Monte Aloia pra que os narcotraficantes pagasen aduanas e comezou a convencer ós galaicoromanos de que baixaren dos castros (dos que baixaran nos tempos dos romanos e subiran de novo pra protexerse do medo ós suevos) e castelo tutora de todo o noroeste, firmando pautos cos terratenetes e así reinou en paz mantendo o reino en paz e sin meterse con ninguén.

Situación políticaEditar

 
Teodomundo vixiando que os visigordos non lle entren polo río Taxo.

Durante o seu reinado caeu o Imperio Romano de Occidente (476) e o reino Visigodo de Toulouse comezaba a invadir Hispania (que ficara dominada polos romanos e suevos) e como potencia veciña e mais poderosa no momento fixo pactos de amizade con ela pra repartirse a sortes o territorio dos hispanoromanos, reuníndose con Eurico en Sortes de Ancares (Bierzo).

A nivel interno comezou a cohesión cos galaicoromanos mediante a cristianización e promocionando os matrimonios mixtos con subvencións (como faría Alberto Núñez Feijóo en 2034 pra impedir que Galicia ficase sen votantes), fortificando portos de montaña contra os bagaudas, bandas de ladróns e ataques klingons. Limpou a costa de piratonas enviando patrulleiras (estilo guerra de Vietnam por toda a costa e mesmo polos ríos adentro).

Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Veremundo
O Locuaz.
Teodemundo
Precede a:
Carriarico
Rei dos Suevos

NotasEditar

  1. Periodo coñecido que abrangue dende a morte de Remismundo en 469 até a coroación de Carriarico en 550. Sábese pouco sobre os gobernantes desta época.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Teodemundo.

Outros artigosEditar