Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Telexornal


A galega.jpg Telexornal é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

Telexornal
Telexornal portada.png
Formato Informativo
Cadea Televisión de Galicia
Día da estrea 24 de xullo de 1985
Páxina web oficial
Cita1.pngPontevedra CF 2 - 0 Salamanca CF UDS foi un partido de fútbol ou de rugby?Cita2.png
Telexornal sobre Segunda división B

Telexornal é unha novela de éxito da onipotente TVG en que os protagonistas conducen ao espectador por unha viaxe polas seccións ou cousas idiotas máis importantes da nosa Galicia. Conta actualmente con dúas edicións que se emiten todos os días da semana: o Telexornal mediodía, ás 14:25 horas, e o Telexornal serán, ás 20:55 horas.

O grande éxito se debe á capacidade dos seus autores, probablemente estudantes de xornalismo da USC, de traduciren nunha linguaxe ultra sinxelo, propia para analfabetos funcionais do campo, o contido dos grandes enredos e aventuras que marcan os personaxes e acontecementos do mundo.

Índice

PersoalEditar

  • Telexornal Mediodía: o Telexornal Mediodía achegará, desde as 14:25h, o máis salientable da actualidade galega, nacional e internacional, con Fran L. Iglesias e Irene Lourido como presentadores. A información deportiva correrá a cargo de Carlos Macía.
  • Telexornal Serán: informativo que inclúe as noticias galegas, nacionais, internacionais e interplanetárias máis destacadas do día. Marta Darriba presenta o programa e Terio Carrera conduce a información deportiva.
  • Telexornal FDS (Fín de Semana): informativo que se emite os sábados e os domingos. Inclúe todas as noticias e mentiras galegas así como as nacionais e internacionais máis destacadas do día. Presentan Xaime Arias e Ana Pérez. Óscar Benito conduce a información deportiva.

As grandes novasEditar

 
Presentando as fazañas de Feijóo.

O auxe das reportaxes do telexornal foi nos anos 70, vexa algunhas perlas xornalística:

  • Como amar o réxime militar de Franco Feijóo (aceptar o sufrimento);
  • Como prender e torturar papagaios e outras aves;
  • Como facer acordos con empresas norteamericanas;
  • Como enviar os mellores artistas para o exilio;
  • Como elixir un corrupto;
  • Como elixir un pseudo-intelectual;
  • Como elixir un semi-analfabeto;
  • Como matar un afeccionado de fútbol de rabia;

As grandes cubertasEditar

Ao longo destes 10.000 anos, o telexornal se destacou en varias cubertas. Velaquí algunhas delas:

  • Extinción dos dinosauros
  • Fundación de Roma en 750 AC
  • Nacemento de Chuck Norris
  • Nacemento do Capitán Nacemento
  • Nacemento de Fidel Castro
  • Destrución de Sodoma e Gomorra
  • Diluvio universal, con cobertura en directo durante 40 días e 40 noites da Arca de Noé
  • Cuberta do Éxodo, a viaxe de Moisés polo deserto durante 40 anos, coa narración de
  • Inauguración da 1º obra de Feijóo: As pirámides de Exipto
  • Morte do Emperador Xulio César
  • Xuízo de Brutus
  • Cuberta da 1ª Olimpíada realizada no Monte Olimpo, en 776 AC
  • Inauguración doutra obra Templo de Salomón
  • Nacemento de Xesús Cristo e a visita dos Reis Magos
  • Morte de Xesús Cristo, no venres santo do ano 33 DC
  • Morte do maior ídolo da época: Xudas Iscariotes
  • Resureición de Xesús Cristo, no Domingo de Pascua do mesmo ano
  • Incendio de Roma
  • Erupción do Monte Vesubio e destrución de Pompeia, cando a policía romana resolveu acabar co tráfico de pizza no lugar
  • Peste Negra, no ano 1000
  • Guerra dos 100 anos, como enviado de guerra
  • Morte Xoana de Arco
  • Cobertura da 1ª Exposición Artística das Tartarugas Ninxas: Leonardo, Donatello, Michelanxelo e Rafael
  • Entrevista con Cristóbal Colón, tras o descubrimento de América

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Telexornal.

Outros telexornaisEditar