Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Tecelán de Carballás

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


tecelán de Carballás.
Tecelancarballas.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1882.
Carballás,Cerdedo, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación tecedor de istorias.


Tecelán de Carballás de botellón xa de neno.



Tecelán de Carballás foi un vello agoireiro(algúns din que ata era vedoiro) de Carballás,Cerdedo, provincia de Vigo.

AutobiografíaEditar

Naceu en Carballás aló polo XX e finou polo XY, nado nunha familia labrega acomodada que tiñan xugada de bois propia!! algúns din que cando foi bautizado o crego trabucou os santos óleos e lle deu o de agonías e así predecía o futro despois claro, tendo alucinacións. De neno foia unha escola de ferrado(escolas que pagaban nos labregos eles propios a un mestre en especies) onde aprendeu as catro materias e algo de latín, a lingua dos magos e feiticeiros(boeno, tambén dos curas eh) aconsellados pola avoa, que quería ver a seu neto feito bispo e despois señorear sobre o veciño dono do pazo e mandar sobre súa alma MUAHAHAHAHAH!!!

Recibiu o nome de Tecelán non se sabe moi ben porqué, e seu nome auténtico perdeuse pola queima de libros por parte dos de Falange Española no verán do 36, algúns din que era porque últimamente vivía de tecer cestos e como era agoireiro e sempre acertaba non lle chamaron cesteiro, ademais compartía con Bandua o de facer maxia cos lazos.

No súltimos anos da súa vida pronosticou:

  • A Fin do Mundo:cando as estradas atravesarn o monte do Seixo. E acertou, o mundo rural galego está a desaparecer...
  • O asasinato de JFK.
  • A chegada do Rei Artur baixoa forma do Rei Xoán Carlos I de España.
  • Que viría o Anticristo(Franco) e se levaría canda él ós cristiáns, enganados e reinaría durante 40 anos sobre os españois ata que viñese Lenin e os salvase.
  • Que Galicia seguiría ó Anticristo Franco que a levaría perdidiña durante 40 anos e logo mais tarde vería Mariano Rajoy que tamén a perderíae por último viría Alberto Núñez Feijóo que a remataría por perder e enchela de mouros mentre so tolo de Xosé Manuel Beiras tentaba resucitar a Castelao xunto a Karl Marx.
  • Que o home chegaría á lúa.
  • Que ti lerías isto.