Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Tía

Tía é a irmá de teu pai ou nai(ou iso di túa avoa). A tía é un ser etéreo en forma de Hadamadrina de Disney que é cómplice de teus pais na eternización de supsersticións coma Papá Noel, os reis magos, Xesús de Nazareth,Cthulhu e de que o PP convirta a Galicia no seu feudo.


Segundo a Biblia unha tía é a femia do cuñado ou teu tío aínda que poida darse o caso que a túa mulelr acabe sendo a túa tía cando comece a mercarche calzóns e cirolas! A pesares de que teu amigo diga"Que cachonda está esa tía!" cremos que non se refire á túa tía senón mais ben a unha gostosa que nese intre pase a menos de douscentos metros de ti.

Índice

A tía na arteEditar

Dende tempos inmemoriais a tía apreceu no imaxinario masturbatorio de moitos pervertidos e xudeus, a primeira msotra aparece no Paleolñitico cando tallaban estatuíñas de tías gordas e super obesas para que os agasallos caesen do ceo da cova. Logo no Exipto antigo ás tías poñíanlle ccacholas de animais xa que as africanas eran de moita batalla e amantes do cosplay menos mal que viñeron os gregos e comezaron a `pintar e esculpir tías coma Deus manda, xélidas e duras con armas nas mans e ensinando cacho como quen non quere a cousa e iso non gustou moito a Xesús e puxo de modelo para sempre á súa nai, un triángulo de muller azul e branco na nube Kinto.

Categorías de tíaEditar

  • Tía malvada: persoaxe moi recorrente en Disney, onde soe roubarlle á protagonista ou seu protagonismo, o príncipe azul e a herdanza para dárllelas ás súas fillas.
  • Tía tola: esa que casou cun tipo mais novo ca ela.
  • Tía cachonda: será mellor que antes de ir visitala liberes a túa mente con Ioga e meditación trascendental.
  • Tía molona: a que che leva polo bo carreiro de forma divertida.
  • Tía que xa non é da familia: A saber por que xa non forma parte da familia, tal vez problemas coas herdanzas...


Véxase taménEditar

Outros artigosEditar