Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Superman

Superman

[[Imaxe:|225px|]]

Obra Superhome
Creador(es)
Información
Sexo Non é casado
Título
Familia
Cónxuxe
Aliados
Inimigos Lex Luthor, Batman, Oprah Winfrey
Residencia Nova York Bandeira Usa.png Estados Unidos e Antártida.


Superman é un extraterrestre humanoide ilegal dos Estados Unidos de América, porén aínda os Homes de Negro (MIB) non lle foron a ler a papeleta porque seica ninguén sabe onde vive.

Vida e aventurasEditar

Superman naceu en Kripton no seo dunha poderosa familia de científicos tolos kriptonianos, e debido a seus traballo estouraron o seu propio planeta mentres tentaban atopar a receita da Bomba atómica. Afortunadamente seus pais meterono na mesma cápsula espacial de Son Goku e ambos viñeron a parar á Terra. Kar-El foi cara América e Son Goku cara Asia.

Uns granxeiros dos Estados Unidos Profundos atoparon un día un cráter cun neno dentro, collérono e en vez de lavalo ás monxiñas dos desamparados quedáronse co neno xa que era man de obra gratis!!! O alcalde obrigoulles a escolarizalo, e viron que o rapaz era algo mais listo co resto de seus veciños polo que lle pagaron os estudos na Universidade de Miskatonic. Pero como el non quería rezar todos os días a Hellboy foi expulsado do centro, asi que marchou a Nova York a estudar xornalismo mentres traballaba en Pizza Hut.

Na universidade non fixo ningún amigo e mesmo non perdeu a virxindade, e todo por non pagar a capacitación na irmandade Skull & Bones, así que nin sequera foi de botellón nin á discoteca de Andy Warhol. Entrou de becario en La Voz de Galicia pero como non escribía a favor de Francisco Vázquez non acabou ben. Asi que regresou á capital do mundo, e entrou como corrector de probas no xornal Daily Planet, xa que antes non había software para traballar pero si para xogar...

Nas oficinas subiu de posto ata acabar como reporteiro con 40 anos e virxe e namorou de Lois Lane, quen sempre acabou sendo salvada por Superman moitas veces, pero nunca sospeitou que seu compañeiro de traballo fose o mesmo Superman; por iso noso heroe acabou dándose á bebida ata que outros kriptonitas coma ele viñeron ao planeta Terra e por fin puido darlle gusto ao carallo, convertíndose nun adicto sexual, desta adicción foi alvado por Lex Luthor e seu primo o dono de Zara.

Tras perder a virxindade Superman segiu a ser un pagafantas, e claro, Lois Lane aproveitándose del todo o tempo ata que ela cansou de foder contodo o mundo e tras ver que este rapaz era bó casou con el, pero sen separación de bens, así se había divorcio sempre podía sacarlle unha boa tallada, ou algún pisiño na Antártida.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Superman.

Outros artigosEditar