Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Suevos

Os suevos agardando que baixen do Monte Aloia os galaicos de Tui pra fundar o Reino Suevo.

Os suevos son un pobo xermánico orixinario de Suecia, Finlandia que ante a presión dos Hunos, do Imperio Romano e a dinámica histórica viuse obrigada a emigrar cara o Sur, indo en primeiro lugar cara Alemaña, onde fundaron Suabia e se cambiaron o nome polo de alamanes, e logo cara o Oeste, chegando a Hispania no ano 411 chegaron a Galicia xunto cos vándalos Asdingos, os cales case se comen aos suevos, pero como éstes estaban moi romanizados o Imperio Romano axudoulles contra dos vándalos e botáronos cara Andalucía.

Tras pelexarse moitas veces contra dos galaicos, e debido a que estes voltaran a vivir nos castros e controlaban os castella tutiora obrigáronos a formar un pacto social e fundaron o Reino Suevo de Galicia.

Índice

Reino SuevoEditar

O terrible inverno do ano 406, unha heteroxénea grei de xentes amorearom-se nas beiras dos ríos Rin e Danubio, a bretemosa e escura fronteira septentrional do Imperio Romano. Eran altos e loiros como a cervexa (xeada) que bebian, e nos seus ollos azuis adiviñaba a ansia do Atlántico bravio. Comunicábanse entre eles con acento gutural, que parecía inintelixible para as civilizadas xentes do Mediterráneo, tanto que lles chamaron bárbaros, porque os seus sons semellaban un balbucio monótono e aparvado: bar bar bar. Entre estes clans había vándalos, alanos, marcomanos, cuados, lombardos ... moitos deles acabaron reunidos baixo a identidade común dos Suevos. Buscaban terras viçosas, exuberantes, lonxe daquelas mestas fragas e intransitáveis ​​branhas que consistían o seu país natal. Buscaban unha Terra de promissom. Pero para forzar os límites de Roma, facía falla un milagre.

O milagre aconteceu aquel inverno terrible, cando o frío glacial conxelar o infranqueável Reno, permitindo que os proto-alemáns cruzaron por miles o río a pé seco. O Imperio Romano començava a desintegrar-se. Tres anos despois, Hermerico, rei dos suevos, xogábase aos datos o reparto das provincias de Hispania cos vándalos e os alanos. Tocoulle Galicia, e ata aquí veu coa súa gentalha, ata a súa Terra Prometida.

Chegado Hermerico ao Pico Sacro, subiu ao cume para departir cos vellos deuses célticos do país, mentres abaixo os seus vasalos, coa saca chea de botín e as espadas fartas de sangue, buscaban unha Fonda onde beber cervexa e repoñer a dos efectos daquela longa peregrinaçom. Corenta días coas súas noites tardou Hermerico en baixar, e cando por fin deu en descender daquelas santas alturas, coa redación dun estatuto de nación para Gallaecia baixo o sobaco, contemplou con indignado asombro unha imaxe desoladora. Na súa ausencia, os suevos, aquel pobo afouto e destemido, fabricaron un rudimentario Telefunken palcolor, e dedicábanse a beilar e dar chimpos arredor del, ataviados con estridentes camisolas vermellas, mentres axitaban panos vermello-amarelentos.

  Que fazedes?  
Ruxiu Hermerico no seu rudo e fusco proto-alemán.
  Traio-vos os alicerces dunha nación e vós a adorar falsos ídolos! Xa me explicaredes que veñen este balbordo e esta algazarra.  
  Foi un gol de Vila. España pasa ás medias-finais.  
Dixo un deles, vestido cunha camisola vermella rotulada co nome da Sara Carbonero.
  E que nos importará a nós? Os visigodos andan á espreita e vós a facer-lles festa! Olhade que estatuto traio! Ten a palabra nación no preámbulo, e unha chea de habilidades!  
  Menos estatuto e máis selección! Queremos unha equipo á que animar! Isto é España  
Dixe un suevo completamente zómbico debido ao consumo de altas doses de Cruzcampo.

Hermerico o primeiro rei de Galicia, comprendeu que aquela ubérrima terra, aquela marabilla de país, tería sempre que soportar aquel carallo de xente. Aburrido, preso de ira, mentres esfolaba en farangullas o primeiro Estatuto do Reino Suevo, lanzou entre dentes a súa maldición:

  Algún día unha equipo de certos suevos, como os que deixamos alá na Alemaña, toparám con ese becerro de ouro que adorades. Entón saberedes que no fútbol xogan once contra once, e gaña sempre Alemaña. E comprovaredes con amargura ata que grao chegou a vosa impiedade.  
  Hermerico, non te cabrees, ho!. A xente ten gañas de troula, pero non estamos afeitos a ter un país, por ubérrimo que sexa, e neste aparello que acabamos de inventar só colle a televisión visigoda. Se tivéramos a nosa propia televisión, a nosa propia prensa, ea nosa propia seleçom sueva, xa sería outra cousa.  
Dixo un suevo, medio arrepentido, mentres se despoxava da camisola vermella e buscaba na súa mochila de conquistador bárbaro unha vella camisola germana.
  Pois para iso é que se fai un estatuto!  
Cravou lles Hermerico

E coa mesma, deuse a volta e volveu a subir ao Pico Sacro, a resmungar cos vellos e esquecidos deuses celtas.

Cultura dos suevosEditar

 
Así vía ós suevos Hidacio.

Os suevos eran granxeiros, mais como tiveron que emigrar de forma violenta entre violentos voltáronse un pouco bárbaros, cando chegaron a Galicia deixaron de selo e crearon un imperio. Adoraban ao deus Bodan (cuxo templo mais grande é o de Dombodán), Thr, Fricco, etc e enterraban ós seus mortos en sepulcros con tapa de estola coas xoias, así niguén as roubaría (Quen ía meterlle man a un morto podre?).

Debido ás alianzas estratéxicas e á creación da OTAN tivéronse que facer cristiáns (primeiros arianos e despois católicos) e foilles enviado San Martiño Dumiense, que s efartou de comerlle a cabeza a reis e magnates do reino pra fundar mosteiros e logo darlles srmóns intragables ós pastores e labregos sobre os seus costumes relixiosos, que pra él eran culto ao demo.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Suevos.

Outros artigosEditar