Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Dirty McNasty-01.jpg Sith é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Sith
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

Dark side siths.jpg

No universo de Star Wars os Sith son un grupo de seguidores do Lado Escuro da Forza (véxase "Forza"). Son os inimigos naturais dos Jedi.

Índice

IntroducciónEditar

Un Sith é unha raza sensible á Forza, do mesmo xeito que o son os Jedi. Con todo, os Sith diferéncianse moito destes últimos. Un Jedi obtén o poder na Forza mediante a meditación, a paz interior, e o dominio do medo, así como do odio, o anoxo e a agresividade tentando alcanzar o Nirvana. Os Sith fan todo o contrario, co mesmo obxectivo (que é o poder na Forza). Eles non dominan para nada o seu temor, pola contra, éste termina axudándoos. Cando loitan faino con odio, violencia, e furia, que pode chegar a converterse en ira.

A vantaxe que posúen os Sith sobre os Jedi é que os primeiros utilizan o Lado Escuro e non o Lado Luminoso da Forza. E sucede que o Lado Escuro outorga poder mais fácil e rápidamente, debéndose isto a que é mais doado odiar que acougar o odio. Pero a súa vez, os Sith teñen unha desventaxa, que é que o poder pódese volver en contra deles, volvéndoos tan malvados, egoístas, egocéntricos, tiranos e despiadados que terminan sen ter absolutamente ningún ser querido excepto, obviamente, eles mesmos, por iso é moi común que un aprendiz traizoe ao seu mestre.

Os Sith utilizan espada láser de cor vermella, a cal representa o poder, a paixón, o odio, o comunismo e a morte. O cristal que produce a cor vermella na espada de luz é artificial e creada polos mesmos Sith xa que eles non teñen recursos financeiros para mercar. A diferenza dos que producen os cores azul e verde, os cales son atopados no Cu do Mundo. Estas dúas últimas cores, entre outras poucas, son usadas polos Jedi, que representan a paz, a sabedoría e o orde.

Sith famososEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Sith.

Outros sithsEditar