Siniestro Total

Modelo:Frikismo galego


Siniestro Total
SiniestrotalCuándo se come aquí.jpg
Orixe Vigo, Galicia Galiza
Período 1981 - actualidade
Xénero(s) punk rock, hard rock, blues-rock
Selo(s) discográfico(s) DRO, BMG/Ariola, Virgin, el Diablo
Membros Julián Hernández
Javier Soto
Óscar Avendaño
Ángel González
Jorge Beltrán
Antigos membros Germán Coppini
Miguel Costas
Alberto Torrado
Segundo Grandío de Aerolíneas Federales, Golpes bajos.

Siniestro Total eran un grupo de xente perigosa que vivía no Monte do Gozo en Vigo, que vivían en covas cazando coellos e vivindo nas árbores.

Fixo as grandes cancións "Mata hipsters nas Cíes","Bailaré sobre tu tumba escupida" e "Miña terra galega".

HistoriaEditar

Circunstancias impreviasEditar

A súa orixe remóntase ao ano 1979 cando Julián Hernández comezou a ler a Hermann Hesse e decidiu xuntarse con varios amigos para abrir a súa conciencia mediante drogas, sexo e ros an ros. Este grupo de amigos, con Soto, Costas e Torrado decidiron abandoar a revolución mental e seguir só coa música mentres remataban os seus estudos de sexoloxía cuántica no instituto.

Comezos da bandaEditar

No 81 Costas foi a facer a mili, alí secuestrado polo aparator militar franquista ensináronlle a transmitir mensaxes mediante vibracións peneais. Costas co primeiro permiso que lle concederon voltou a Vigo e xunto cos seus amigos foise de putas, tras deixar varios bares desfeitos e cheos de poesía tercermundista colleron o coche e foron por Beiramar a ver si había algún travelo co que pasalo ben pero debido á néboa e o alcol déronse unha ostia contra dun Profundo que pasaba por alí e foron parar ao xeral mentres o profundo destruía o resto do coche pensando que era unha balea sexi. Cando o seguro o viu declarou o carro como "siniestro total" (unha categoría das casas aseguradoras para indicar que o carro só servía para chatarra e a contía do que debían pagar era alta e polo tanto tras facelo aumnetar a contía do que paga o asegurado) a Hernández fíxolle graza o termo e decidiron chamarse así. Grazas a ese cambio de nome moitos góticos (que nesa Era chamábanlles "siniestros") comezaron a facerlles fanzines cando descubriron que eran un grupo de poppunk intentáronos matar mediante consellos para que se fixeran un My Space.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

  • Ayudando a los enfermos - 1982: O grupo formado non tiña un vocalista polo que decidiron facer un concurso de a ver quen tiña o carallo mais grande nun botellón, gañou Germán Coppini, que a tiña inflada de hormonas conseguidas do KGB grazas á súa pertenza ao PCE (m-l).

Así formados decidiron facer un sinxelo facendo música esquizorock celta cos temas "Aiataoláh eres un tolai" (onde denunciaban a xihad), "Mata Ghipis en las Cíes" (un panfleto moi na liña do Giallo), "Mario encima del armario" (sobre Mariano Rajoy ao que coñeceran na discoteca gay do momento). Este EP resultou ser un éxito por enriba dos de Julio Iglesias, polo que os seus fans decidiron atacalos mediante esputos sifilíticos. A finais de ano tras a inxesta masiva de aspirina con Coca-Cola grabaron o seu primeiro disco.

 
Un gruppen estilo Kraftwerk.
  • ¿Cuándo se come aquí? - 1982: Seguindo a tradición do porcallán Beato de Liébana e Samaniego fixerón varias letras influídos pola morte dos técnicos de son do local ao escoitar as súas maquetas. Estas cancións eran puro Punk e polo tanto un atentado contra a moral polo que Fuerza Nueva e Opus Dei decidiron que serían seus himnos segredos.

Destacan temas como "Todos los ahorcados mueren emplamados" unha canción protesta contra do consumismo da pastilliña azul ésa, "Ponte en mi lugar" (desta fixeron unha película en Hollywood e todo!), "Fuera las manos chinas del Vietnam socialista" (Coppini trataba de chamara atención sobre os malévolos revisionistas pseudocomunistas da China que tentaban imperializar a zona sen seguir os postulados de Karl Marx e Lenin), "Las tetas de mi novia" (con esta canción conseguiron ter grupies pero cancerosas polo que lles duraron pouco), "Los chochos voladores" (unha canción de Torrado sobre o seu ideal cárnico), "Los esqueletos no tienen pilila" (canción que trata sobre unha das ideas de obsesión deste grupo de rock, que ao facerte vello non che vai interesar tanto o sexo).

Debido ao éxito que teñen este grupo de bandas o artistas sociatas comezan a atacalos, Mike Ríos tenta emborrachalos con nitroglicerina pero como Torrado estaba acostumado ao viño da casa seguiu vivo. Mentres nos concertos os punks nazionais comezan a saudalos ao seu estilo polo que teñen que ir tocar aos concertos con chuvasqueiros de tantos lapos que lles guindan. Un deles cargado con virus HIDD 327 lanzado por unha tonta útil ao servizo do KGB consegue deixar fóra de circulación a Coppini que molestaba ao PSOE xa que lle estaba sacando a fama a Ana Belén e Alaska entre a xuventú.

 
Hitler propaganda.
  • Siniestro Total II: El Regreso - 1983: Debido ao éxito nazional que teñen o grupo segue adiante pero sen Coppini, que se namorara dun multinstrumentista mouro, nembargantes Antón Reixa dálles axuda mediante seus poemas de Rompenete. O grupo segue tocandoco tema punk pero comezando a usar mais acordes, todos roubados a un dos bébedos do bar Marexada que se parece ao Mestre Mutenroi. Este disco ten temas como "El que eyacula a Dios ayuda", "Más vale ser punkie que maricón de playa" (onde o grupo tenta loitar contra os tronistas e metrosexuais da época), "Encuentros en la tercera edad" (retoman o tema obsesivo da disfunción eréctil debido á decadencia polo paso do tempo), "El sudaca nos ataca" (onde profetizan a chegada do Anticristo Hugo Chávez), "Opera tu fimosis" (tratan de que a sanidade da poboación moza non se vaia ao carallo pero o SIDA segue por aí), unha versión dance do éxito de Andrés do Barro co seu tren, "Viva Cataluña, perdón Polonia" contra a lei marcial do réxime consumista polaco para que liberen os bigotes de Lech Walesa.
 
Cantando as glorias das portuguesas bigotudas.
  • Menos mal que nos queda Portugal - 1984: Xa en 1984 mentres o mundo estab a ser vixiado polo Gran Irmán, estos músicos sacan o seu terceiro disco tratando de achegarse ao Heavy metal para ver si conseguen algunhas groupies polo que versionan un tema country e sáelles "miña terra galega", que se convirtiu no Himno da Xunta de Galicia. "Quienes somos de donde venimos adonde vamos" (aquí regresan ás súas raíces filosóficas ao ver que Cucharón e Platón tiñan razón) "Señor ilumina mi corazón" un canto ateo, "La matanza de taxis", etc.
  • Bailaré sobre tu tumba - 1985: Tras varias xiras presentando a súa música viron que o tema burlesco animaloide seguía petando as salas polo que decidiron cambiar de modos para non morrer de éxito e seguir co seu apocalipse con grelos. O tema principal da canción está tomado das películas deses anos que ían sobre asasinos en serie e que serviron a tantos rapaces para que as súas rapazas se lles abrazaran na escuridade dos cines.

"Bailaré sobre tu tumba" (un asasino mitómano do mundo musical vai deixando vítimas atrás de sí para poder bailar chanbara sobre as lápidas), "Que tal homosexual?" (pues hombre nada mal) e "Hey hey Vigo".

  • De hoy no pasa - 1987: Para homenaxear ao Andy Warhol morto nese ano decidiron sacar outro disco, sobre todo coa canción "La balada de Cachamuíña y María Pita" aínda que fontes fidenignas afirman que a canción homenaxe é a de "Que le corten los huevos" aínda que según meu pai é a de "Diez escala drinker".

Neste ano entra Soto como guitarrista provinte de Os Resentidos, e o Hernández pasa a ser vocalista ao mesmo tempo que muda o seu estilo de peinado segundo o vento que sople desde Cangas.

  • Me gusta cómo andas - 1988: Neste ano marcha Torrado para Os Resentidos, xa que quería vestir elegante, coma un gaiteiro, pero antes axudou a facer este disco, cantando himnos Nietzscheanos como "Pueblos del Mundo extinguíos" (cada vez que o escoitas morre un marxista ortodoxo no mundo) e decalarándose "Somos ultraístas" xa que "Algo huele mal en Dinamarca" menos mal que había algún toreiro para que me "Alégrame el día" xa aue "Cuando ruge la Marabunta" hai que comezar a ornear o "Himno del Lagares" xa que hai "Cuanta puta y yo que viejo" asi que "hermano bebe" ou senón "Detente predicador".
 
Si! Son adoradores de Cthulhu!
  • En beneficio de todos - 1990: Cambio de década, alá foron as ombreiras e o pelo cardado e todo o mundo anda todo o día vestido con jeans. Non só perderan ao Torrado senón que a comercialite se apoderou deles polo que foron deixando de lado o punk e fixeron este disco do que ninguén se lembra e por algo será, aprate de que ninguún selo llo quixo producir.

Neste ano entrou no grupo segundo Marey Grandío para ver si metía algo de Hip hop no grupo e que o CNI non o recoñecera, á vez que o octoxenario poeta asturiano Ángel González entraba na banda para compor algo de sentidiño común nas letras para levalas a unha reflexión termonuclear.

 
Público xaponés a asistir ao Siniestro Total.
  • Made in Japan (Siniestro Total) - 1993: Debido a que o negocio tiña que seguir funcionando conseguiron contactar cun productor de sona ao que secuestraron e mnativeron sexo grupal con el e o grabaron todo por iso desde entón segue con eles antes o chantaxe que lle fan de ensinar a toda a súa familia aquela noite tan sexuá.

Tempo tenebroso estes, o punk xa leva morto moitos anos atrás, Cantinflas emigrou ao outro barrio ou Alén xunto con Frank Zappa, e Miguel Costas fuxe do grupo apara formar unha orquestra de temas guarrindongos caribeños. Nestes anos o grupo comeza a facer unhas cancións mais power pop e saen "Tan hermoso", "Dile adiós al rock'n roll", "la corbata colombiana" (en honor a Costas porsi fala algo do chantaxe), "El hombre medicina" (unha canción en honro ao chamán do grupo ou sexa o camello que lles daba anfetas a todos eles.

Neste ano Julián hernández participa no filme "A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos" e compón para este película de Galploitation o tema "La sierra es la familia".

  • Policlínico miserable - 1995: Neste ano o grupo volveu digievolucionar, no 94 vendo o éxito do Eurodance comezan a meter sintetizadores e así grazas a esta comercialización conseguen que unha multinacional os fiche e así conseguen a "Contribución al jazz de Siniestro Total" xa que "España se droga" pero agora en vez de cabalo con cocaína e pílulas polo que xorde o Bakalao e non precisamente de "Bilbao" onde van os "jóvenes, vírgenes y castos" a bailar ata altas horas da noite e saben? "Yo me callo".
  • Sesión vermú - 1997: Aquí conseguiron chegar ao mais alto do mainstream ao fichar con Virgin, polo que comezan a autocopiarse e cun son mais profesional e nada punk que incluso ao lado dos Sepultura parecían monxas. Isto provocaría unha crise de identidade expresada na canción "¿Quién vengo siendo?" seguido dunha "inspección de caserios" porque xa nin del caserío me fío (que invcentiva a do autor deste artigo eh?). Hernández iría a unha reunión de executivos e o ver a tanta zumbi comentou "Bueno, peor no empezemos a comernos las pollas todavía", xa saben "paz, amor y comprensión" senón "Que me follo encima". E todo isto mentres clonaban a Dolly, polo que s eve non era a única autocopia... menos mal que Deng Xiaoping a espichou neste ano!
  • La historia del blues - 2000: Tras sobrevivir ao efecto 2000 volven traballar para a Virgin e nótase.
  • Popular, democrático y científico 2005 sobre o Comunismo
  • Country & Western - 2010 (Sony)

RecompilatoriosEditar

  • Gran D Sexitos - 1986
  • Trabajar para el enemigo - 1992
  • Ojalá estuvieras aquí - 1993
  • Gato por liebre - 1997
  • ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos? - 2002 (DRO)

Álbums ao vivoEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Siniestro Total.

Outros artigosEditar

Modelo:Caixa de navegación de músicos