Abrir o menú principal

Desgalipedia β

SeaQuest DSV


Formato Ciencia ficción
País de orixe Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Produción
Duración ? min. aprox. por episodio
Cita1.pngNo século XXI, o home colonizou a única rexión da terra que quedaba por explorar: o océano. Miña tripulación mais eu, a bordo do SeaQuest, somos seus guardiáns, porque baixo la superficie, atópase o futuro.Cita2.png
Jacques Costeau contándonos andrómenas sobre o futuro.

Seaquest é unha serie de televisión de ficción científica... pero no fondo do mar!!!

Índice

ArgumentoEditar

Ano 2018, os humanos gastarón todos os recursos naturais do planeta Terra... Todos? Non! Aínda quedan os do fondo do mar asi que... Qué mellor que ir buscalos en vez de mudar de modelo de producción e guindar co consumismo ao tacho? Asi que tódolos países se arrexuntan na UEO (porque a ONU fora destruída na Terceira Guerra Mundial nos 2010 (¿WTF?). Os terrícolas envían maquinaria e colonos aos fondos do mar co fin de extraer materias primas, iso recrea unha Guerra Fría, xa que hai países non alineados ou hostís e o submarino SeaQuest DSV sirve para protexer as colonias e mediar entre elas.

Personaxes do SeaquestEditar

  • seaQuest DSV: nave construída por Northtrop e donada á UEO (que raro, non?) está armado de misís termonucleares e nin ten torreta nin periscopio... pero sí un delfín que lle ladre.
  • Darwin: o delfín da serie, en realidade é que capitanea o submarino porque os terrícolas non teñen puta idea desto de submarinear, ademais comunícase á perfección cos extraterrestres.
  • Capitan Nathan: tras matar a un perigoso tiburón na aldea de Amizade decide ir matar mais tiburóns brancos asasinos enrolándose neste submarino antes de que algún torvo tiburón decida vingar a seus parentes atacando a inocentes bañistas ou familiares do xefe da policía local.
  • Johnatan Ford: o negro da serie, por iso de encher o cupo. Acabaleiroso e moralísimo.
  • Katherine Hitchock: a muller da serie, por iso de encher o cupo. Valerosa e sexi sen ser loura, todo o mundo esperaba que se liase co paspán de Lucas pero logo se liaba co seu superior xerárquico Johnatan Ford!
  • Lucas Walenzack: enxeñeiro polaco (como en The Big Bang Theory!) pero guapo e non xudeu, é o que masturba a Darwin para que este non tolee e destrúa á humanidade dicíndolle barbaridades sobre os humanos aos extraterrestres, aínda que logo cando estes destruen o planeta Terra na Guía do autopista galáctico é dos primeiros en fuxir. Pobre Lucas, tenta ligar coa única muller do submarino e súa superior xerárquica pero ela pasa del e incluso o supera nas probas de conducción de minisubmarino deportivo.
  • Tim O'Neil: fillo chapón da tenente O'Neal, nunca pudio soportar á súa nai e por iso se alistou na mariña para poder escoitar en paz a aos Village people sen que súa proxenitora se rira del.
  • Lenore Ellen: sustituíu á anterior muller, pero esta era demasiado parisina e nin sabía disparar o látego termoeléctricos.
  • Michael Ironside: aquí polo menos non fai de malo!

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: SeaQuest DSV.

Outras seriesEditar