Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Samuel Solleiro

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Samuel Solleiro
Solheiro2.jpg
Información
Nacemento Probablemente nos 80.
Tui Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir.

Samuel Solleiro,escritor galego de Tui.

Índice

ParabiografíaEditar

Nado en Tui nunha longa noite de sen novidade no potaxe, de pais bohemios, xa de pequeno tragou un produto altamente tóxico que súa mai empregaba pra restaurar mobles do Antigo Réxime, iste producto alterou a súa aura mailo campo orgóniquímico.

Isto, evidentemente convirtiuno nun escritor precoz, e como daquela aínda ningún militar trouxera a internet ao Estado Español ao meniño metérono a estudar guitarra no conservatorio,ahí en frente da Fabriquería, onde adeprendeu a tocar o banjo. Como en Tui hai tempo pra todo fíxos especialista nas liñas de Nazca(Perú) .Desgraciadamente estaba moi cerca a discoteca Anubis e él sempre ía por alí, mai como ningunha femis se lle achegaba e él tiña a crise existencial dos 15 anos deicdeu estudar Antropoloxía pra dar resposta ás preguntas da vida humán:De onde vimos? Que é mellor mercar piso ou aluguer? Que normativización sigo da lingua galega, a de NÓS ou a do 2006?

Malia isto segiu publicando artigos e colaboracións en diversos medios ao tempo que moceaba con rapazas louras de pelo corto coas que ía pasear en tren, foi desa forma como fuxiu de Tui e foi dar a Santiago de Compostela, onde case foi captado pola secta Reintegrata, mais en vez diso foi captado pola Igrexa Ataque Escampe, tocando diversos instrumentos musicais no seus coros mesfitofélicos, mais a súa anguria existencial só se calmaba vivindo en cidades con catedral católica e pra fuxir do ambiente enrarecido da Galicia de Alberto Núñez Feijóo marchou pra outra cidade con catedral católica,Le Mans, onde vive e traballa no alambre, desta época é o libro da fotógrafa Alba Viñas(algo así como unha biografía fotocorística ao Bukowski). Anos mais tarde foi descuberto como un activista de extrema dereita con opcións a ocupar o cargo de Gran Dragón nunha delegación do Ku klux Klan.

Samuel sollero suicidouse o 25 de decembro de 2010(según consta nunha novela súa) tendo un funeral mediocre e foi esquecido axiña, suicidouse nun piso compartido ó que a Fundación Paxaros Verdes para o Salvamento das Literaturas Perdidas(fundación cercana á ONU) enviou dosu bolseiros investigar se entre as pertenzas se Solleiro había algún material salvable, do pouco que había(a mioría eran propaganda de extrema dereita, vídeos porno de sadomasoquismo, coprofaxia, zoofilia...) puídose publica varios relatos soltos sen final feliz baixo o título de Gran tiburón branco e así xustificar unha subvención recibida do KKK.

En 2100 foi obxecto de polémica ao querer a RAG, presidida por Roi Mosimanigape Mbé Xiang(un mulato chinés galego),adicarlle o Día das Letras Galegas, feito impugnado por moitos escritores e xornalistas autotitulados de galeguistas que propuganaban que pra merecer eses honor o escritor tiña que levar morto dez anos e solleiro non levaba morto tanto tempo.

Obras de samuel SolleiroEditar

Narrativa(pallas postmodernas)Editar

  • Elexías a deus e ao diaño, 2001, Xerais (traducido ao castelán en Lengua de Trapo no 2007, baixo o título Elegías a Dios y al Diablo):serie de relatos que gravitan en torno a ideoloxías de xénero divino que entran en conflicto interno ao perder o seu contexto sacro debido ao anxo caído.
  • Dz ou o libro do esperma, 2006, Xerais:ensarillado de relatos de persoas que navegan en tren e son violadas durante unha folga obreira pra pedir mais bocadillos de salvia no traballo.
  • Gran tiburón branco, 2012, Xerais:best-seller sobre unha quenlla que vai a Sanxenxo a foderlles o verán xa que se come a tódolos bañistas e só o xefe de policía Brody o pode impedir contratando a un furtivo.
  • Punk,(2013):cando o lea xa farei o seu permanente comentario....mais penso que vai ir sobre varias persoas que non se coñecen e que tentan ser herores pero rematan por non facer nada por selo debido á súa nugalla e preguiza.

Obras colectivasEditar