Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Samuel L. París

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Samuel L. Paris
Slparis.jpeg
Información
Nacemento Probablemente nos 80.
Muros Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir e tocarse.

Samuel L. París é un escritormúsico galego (anda! como Samuel Solleiro!).

BiografíaEditar

Naceu en Muros no ano de Deus de 1984, este feito marcouno fortemente, xa que ese mesmo ano morreu Truman Capote e por iso sempre se considerou a súa reencarnación(claro, morre él e nace éste, táclaronon?) aínda que xa se ten pelexadio con Oriana Méndez por ver quen dos dous é a reencarnación do Capote nas festas de Muros-Noia onde se atopaban ambos.

De pequeno estudou no colexio de primaria do lado, como non tiña amigos íase a pasear polos campos de deporte, só facía amigos cos rapaces que botaban un ano como moito no colexio (fillos de médicos e de gardas civís) ou deses que ninguén quere, como os Testemuñas de Xeová e frikis mais. Isto condiciouno férreamente a estudar letras, e como estaba namorado da súa profesora de galego o que o levou a elexir finalmente estudar filoloxía galega e escoitar sempre os cassettes de Martín Codax.

Cando rematou os estudos coincdiu cun mal momento pra facer oposicións a mestre, asi que emigrou a Noruega aproveitando que era novo e non tiña plans mestres pro seu futuro; alí en Noruega coñeceu á neta de Ulf o Galego, a cal o meteu a traballar na súa tenda de librose bragas, onde traballou vendendo ambos productos ós que son moi afeccionadas as vikingas de aló mentres os lordomani dos seus maridos esbardallan todo o día facendo calvarios a Xesús de Nazareth.

Pero a Crise económica de 2008 destrozou o seu soño noruegués de vivir a paixón dos amane do círculo polar, asi que regresou a Galicia con tan mala sorte que le tocou ventear varios temporais, o que o levaro a escribir en 2007 o "Manual da destrucción", do cal nons e entende nada debido a que non en indicacións precisas de cómo lelo nin qué sacar del, de tal xeito que os seus maiores cabreárons e moito con él ó ver que a financiación dos seus estudos non lle fixo moito ben que digamos e lle barrera o siso da cabeza; por si fora pouco o neno meteuse nun grupo punki, os Terbutalina, onde falaba de cousas aínda mais raras.

Como a crise non amainaba decidiu sacarse un libro mais ao uso, e editou por fin "inflamable" onde sae Cristo explotando mentres se escoña polas distintas estación do Vía Crucis, xa que foi castigado por Pilatos ó ver que Cristo lle raiaba o coche. Aínda que aumentou a súa producción e mesmo traduciu un libro finalmente seus libros non eran moi vendidos porque non alba nin de vampiros, nin adolescentes amantes do BDSM nin facía porno pra mamás nin erotismo granxeiro, asi que tivo que facerse chapeiro e ir a oposicións, pero como non era moi pepeiro ficou no Barbanza e tivo que traballar como escolta de desembarcos de fariña colombiana.

Obras de Samuel L. ParísEditar

Narrativa
  • Manuel de destrucción: Onde se fala de tantas cousas e todas á vez que ninguén o entende, nin sequera ten rimas e mezcla tantas frases asertivas que perdes o fío na néboa terrorista do zume de collón.
  • Inflamable: onde aparece Cristo raiándolle o coche a Pilatos.
  • Castelao in the rocks: do moito que lle afectou a chegada da momia de Castelao á Galiza cando él era un feto.
  • Johnny Fraga: novela costumista-realista-social-histórica sobre o reinado de Manuel Fraga e cómo se extasiaba o día que collía posesión no Obradoiro rodeado mil gaiteiros épicos.
Obras colectivas
  • Toca no grupo Terbutalina, onde ten grandes cancións apoiando ós modernos.