Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Roldán


Roldán.
Roland.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1369 ou 1469 ou aínda 1489
Bretaña Francia d.JPG Francia
Nacionalidade bretón bretonante.
Ocupación Dra sablazos.

Roldán, famoso guerreiro da Francia en tempos de Carlomagno (Idade Media).

Índice

Vida e faxañasEditar

Nado en La Fléche no ano 760, no seo dunha familia da alta nobreza da doce Francia, foi educado entre os castelos de Chateau Rouge Cú e chateau Fillé de Puté, sendo adestrado no uso de espadas, Playstation, rodela, mazas, kung fu, helicópteros e misís terra-aire; pero como non podía pasar da 4ª fase do World of Warcraft non foi seleccionado pro exército carolinxio.

Tentou gañar oposicións pero sempre fallaba na materia de dereito Constitucional (e iso que eran poucas as leis), asi que finalmente tivo que usar os contactos da súa familia con membros do PP e Roldán conseguiu unha praza na Deputación de L´Ourens; como era bon rapaz cedo se gañou os favores do presidente e do seu secredario e foi ascendido de porteiro a tesoureiro. Estando neste posto coñeceu ó bispo Turpín, que quería branquexar uns cantos millóns de maravedises. Grazas ós consellos que lle deu todo saíu ben e por riba levouse unha comisión, o bispo o levou canda el á corte de Aquisgrán, onde a raíña Tremebunda se aburría moito porque seu home Carlomagno estaba mais ocupado en guerrear por ahí e crear un espacio vital pro seu reino-país.

Na corte Roldán caeu moi ben e foi requerido por moitas damas grazas á súas artes amatorias e que era dos poucos metrosexuais que había daquela, foi subindo no esclafón e conseguiu ser prefecto da Bretaña (o do mundo francés), tivo que ir pra Quimper, súa capital pero como non sabía falar bretón tivo que facer mais amigos e repartir ouro a esgalla pra gobernar ben o lugar, por iso colleu fama e en Aquigrán pensaron que xe estaba feito todo un bretonante (falante de bretón) polo que Carlomagno o chamou canda sí, xa que tiña pensado ir até Galicia, o [Cu do mundo|cú do mundo ibérico]], onde tamén seica falaban en celta e así servirlles de intérprete.

Mais no seu regreso a Aquisgrán mudaron os plans e Carlomagno en vez de ir liberar o sepulcro do apóstolo Santiago de mans ds infieis foi conquistar Zaragoza, Roldán foi ubicado na sección equivocada do exército carolinxio, os Doce Pares de Francia, unha sección de elite e guerra suxa. Afortunadamente alí estaba seu amigo o bispo Turpín e ninguén mais o sodomizou (xa que dito comando era de parellas gays como o batallón sagrado de Tebas) atravesaron os Pirineos e entraron na Península Ibérica.

Roldán en GalizaEditar

 
Roldán onda o castelo de Ribadavia.

Roldán e seu comando de elite aproveitaron que estaban en España e foron seguindo a vella ruta celta do alén cara o oeste seguindo a Vía Láctea de Bandua, atravesaron Castela a uña de cabalo, en Lugo pasaron pola terra Chá onde toparon con varios obstáculos. Tendo que usar Rolando o seu sable láser e cortando os cotos de penedos pra pasar, quedándolle ó lugar o nome de A Pena de Roldán. Chegando finalmente a Compostela, ó decatarse de que alí só estaba enterrado Prisciliano e non Santiago Matamoros Zebedeo, Roldán e os seus montaron en cólera e travesaron en dóus días toda Galicia e Castela, aproveitaron unha parada no País Vasco pra matar e roubar un pouco por iso de que os compañeiros do exército non se choteasen deles ó ver que fixeran un camiño tan longo por nada e por chegar tarde e facer o que les saía dos collóns foron castigados por Carlomagno a estar na retaguarda do seu exército, protexéndolles o cu pra atrevesar en paz os Pirineos.

Debido a iso tiveron que enfrontarse en Roncesvalles cos vascóns, e como non soltaban as ramas armouse un tiroteo entre a ertzaintza e os francos, como Roldán non quería chamar no seu auxilio a Carlomagno co seu Olifante ao final foron masacrados. Cando Carlomagno voltou por alí recolleu o pouco que quedaba e os enterrou no mosteiro de Roncesvales, os trobadores e poetas foron pagados por Carlomagno pra que fixeran La Chason de Roland, onde lles botaba a culpa á traición dos moros e que en vez de seren tres axentes da Ertzantza só foran 4.000 musulmáns e 900 etarras os que mataran ós doce pares de Francia.

Lendas acerca de RoldánEditar

[[Ficheiro:|thumb|No século XVI na catedral de Santiago de Compostela recibía adoración un magnífico corno de caza, que decían que era de Roldán.]]

Según túa avoa Roldán conseguiu sair vivo de Ronecesvalles e chegar ata A Toxa, onde ficou na illa e tivo fillos dunha serea, de onde saíu o liñaxe dos Mariño. Así como tamén dos Padín (nome que recibiu o fillo tido de Roldán coa serea). Según miña avoa Roldán veu a Galiza a combater contra os mouros e viu a tres costureiras supercachondas ás que se puxo a perseguir, as rapazas amedoñadas fuxiron del, como non son tan rápidas Roldán pónselles á beira e de paso, failles as beiras e di que lles vai poñer un piso moi cco en París pero elas pasan del coma a merda e dinlle que se iran con el cando o río Xares ou Bibei pase por diante da súa casa. Mais Rolán fai un conxuro e consegue que o río pase pola casa, ó decatarse as costureiras fuxen cara o sur ao Barco de Valdeorras e conseguen chegar ata A Rúa e Roldán véas desde a outra beira do Sil e dun salto atravesa o río de beira a beira e na caída deixa as pegadas do seu cabalo marcadas nun penedo (un petróglifo de ferraduras) coñecido como Salto de Roldán, as mozas véndose perdidas invocan ao demo e pídenlle que antes de ser violadas as convirta en pedra, e alí seguen.

Véxase taménEditar