Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Rodrigo Velázquez

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Rodrigo Velázquez.
MedievalCount.jpg
Información
Nacemento Celanova
Nacionalidade galega
Ocupación Libertar Galiza.


Rodrigo Velázquez, foi un conde galego que tentou galeguizar o Reino de León e fundar España antes que os Reis Católicos.

BiografiaEditar

 
O florecente negocio compostelán dos condes galegos.

Rodrigo Velásquez naceu en Acevedo do Río (Celanova) porque súa nai pasaba por alí e rompeu augas xusto cando torceu un pé. Educado nas armas por súa nai e na calceta por súa avoa (xa que seu pai andaba rotexendo as fronteiras da súa finca aló por Galicia do Sur antes de que a nomeasen co nome de Portugal), grazas a iso tivo unha enorme intelixencia pra facer e desfacer intrigas políticas sen ter que anotarse ás xuventudes do PP.

De mozo foi enviado á corte dos reis en León, alí estivo como escudeiro do Conde Bebetodo Ribéiriz, que lle ensinou os rudimentos da guerra, e sobre todo do arte de ir de putas e non pagar, foi nomeado cabaleiro o día de San Bandua o venerable do ano 931. Enviado a seu pai xa feito un home, serviu como tenente de castelo no paso montañoso de Viseu(Portugal) por si viña o exército de Al-Andalusa cobrarlle os recibos da luz, xa que facía douscentos anos que non pagaban (nin sequera pagaban xa o Peito Burdelo); como era moi impaciente foi a Toledo, onde conseguiu que un nigromante lle fixera un viaxe no tempo e secuestara para o pasado a un psiquiatra, tra sobtelo levouno a un notario e coaacionouno pra que era un diagnóstico verosímil pero mentireiro do estado mental de seu pai o conde e así obtivo unha declararción de incapacidade por loucura e obtendo o título de conde de seu pai sen que este morrese (pero só o encerrou na prisión do mosteiro de Celanova).

Unha vez obtido o título de conde foi onda os reis pra fachendear e ligar un pouco, pero como en León non había discotecas e si cuarteis só atopou putas e chapeiros. Como a él iso non lle valía foise pra Lugo e Amoeiro, a buscar as famosas raparigas do amor libre; unha vez satisfeita a súa pulsión erotómona meteuse de cheo en política internacional. Conspirou na corte de León pra que a facción galega tivese mais poder no reino de León que a facción navarra, esta pelexa de ambos extremos do reino de León fixo que o rei andiveses con uns e con outros, mesmo divorciándose dunha muller pra casar con outra (e iso que eran catoliquísimos), e así, uns anos o rei era mais amigo dos galegos e outro ano era mais amigos dos galegos, pasaron polo trono leonés Sancho "O Gordo", Ordoño IV, outra vez o gordo de Sancho (que enchufou a San Rosendo no trono de Santiago de Compostela) e como isto non gustou en certos ambientes galegos foi envelanado por outro conde galego e Rodrigo Velásquez seica lle deu a mazá envelanada, e logo veu Ramiro III, contra o cal se ergueu Rodrigo Velázquez en Galicia cun exército de pepeiros consegiu defender as fronteiras e facer que Vermudo II fose rei de Galicia no ano 982. Ramiro III entrou en Galicia co seu exército e trabaron batalla coas tropas de Vermudo II en Monterroso (Lugo) onde o rei leonés foi derrotado, Rodrigo aproveitou e lanzou as súas mesnadas e conquistaron León, expulsando ao rei Ramiro (que conseguiu fuxir a Astorga e permanecer uns anos alí independizando a zona), así conseguirom que Vermudo fose rei de León e Galicia.

Así consegiu mais terras e favores sexuais por parte do estado, grazas a iso aumentou o seu exército persoal e invertiu na construcción de novos puticlubs polo Camiño de Santiago, os cales lle depararon mais maravedís; isto fixo que se especializase nese mundillo e fixo varias razzias e cabalgadas polas terras fronterizas de Al Andalus pra secuestrar mociñas pro sue negocio, a veces con tan mala sorte que capturaba rapazas cristiás presas dos moros e cando as traía pra Galicia eran recoñecidas polos seus e el as tiña que soltar, razón polo cal trabou contacto cos lordomani pra que lle trouxeran algunha sueca de vez en cando as súas viaxes turísticas cara o sur. Cara o ano 950 Rodrigo Velásquez aliouse con Manuel Fraga, un infazón de Vilalaba, e xuntos procuraron independizar Galicia do reino de León; comezaron a conspiar a través de entrevistas con outros nobres, prometendo terras de nobres que non quería independencia e aproveitándose da división interna do reino cristián que por moitos séculos Deus noso escravo nolo garde. Rodrigo Velázquez enviou á súa nai como embaixadora ao califa andalusí Al-Hakam II pra tentar captar o seu apoio nos plans independentistas, mais como Rodrigo Velásquez pillou unha ETS morreu en cheiro de santidá e todo quedou en nada, Manuel Fraga fuxiu polo Padornelo adiante pra ir chivarse ó rei de León da intentona e refuxiouse en Madrid.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar