Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz

Cita1.pngWtf?Cita2.png
Vostede ao leer sobre Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz
Cita1.pngDeletre a palabra "Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz"Cita2.png
Profesor da Galescola sendo masoquista cos alumnos

Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz (abreviado como RflEttÜAÜG) foi a palabra alemá máis longa, composta por 63 caracteres que xa existiu na cara da terra e do universo.[1]

HistoriaEditar

Para moitas persoas estudiosas da lingua alemá é ben coñecida o feito de existiren palabras xigantescas con 743721648731564531467816230897204817107 letras para cada designación vernácula da lingua, con todo tras a reforma ortográfica de 1996, moitos estudiosos dos países xermánicos se esqueceron desa palabra que por ser moi grande, humildemente, a evitamos de escribir no noso artigo para non bugar o noso servidor

O Landtag de Mecklemburgo-Antepomerania debateu en 1999 un proxecto de lei titulado Rinderkennzeichnungs - und Rind­fleisch­etikettierungs­über­wachungs­aufgaben­übertragungs­gesetz, é dicir, lei sobre a transferencia das obrigas de vixilancia na etiquetaxe da carne de vacún e mais a designación dos bovinos. É pois a palabra alemá oficial con maior número de caracteres, malia non figurar nos dicionarios de uso cotián.

ReferenciasEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rindfleischetikettierungsüberwachungsaufgabenübertragungsgesetz.

Outros artigosEditar