Abrir o menú principal

Desgalipedia β


Ricardo Wagner foi un moi famoso musicalista boche, só é famoso por compor a única música de podía escoitar Hitler durante o coito.

Vida e cantigasEditar

Richard naceu no Reino de Prusia, seu pai farto del enviouno ao seminario pero alí aínda foi a pior debido a que había demasiados libros sobre ximnasia alemá e masturbábase vendo cadros de mitoloxía grecorromana ata que seu padrasto o empuxou mediante técnicas hidrofóbicas a estudar música converténdose nun profesional do piano. Grazas a iso púidose costear os seus estudos de literatura farmacolóxica e casou cunha vasca que non lle daba moito sexo, aproveitando que o Imperio Ruso estaba modernizándose foi ata o que hoxe é Letonia coma director de orquestra. Wagner alí aburriuse moito e debido ao aburrimento a súa muller púxolle os cornos asi que Ricardo voltou a Alemaña... ai non! Que aínda non existía só a Confederación Xermánica ata que Prusia unificou a tódolos estados alemáns baixo a súa éxida.

Pero Wagner regresou con amigos perigosos coma Bakunin, que o meteu en certor porblemiñas co KGB de Dresde e fuxiu a París onde Franz Lizst o coñeceu a viu que era un artistazo e confioulle cartos e súa filla, coa que Wagner tivo sexo se permiso paterno e do seu marido. Nesas datas Ricardo abandoou o anarquismo polo nacionalismo alemán e debido a problemas con axentes do Imperio Austrohúngaro inimigos do alemán fuxiu a Suíza onde coñeceu a Guillerme Tell e caíu nos brazos do Romanticismo (sen saber que éste era un producto dun Think Tank do Imperio Británico contra Napoleón Bonaparte) e comezou a tomar anfetas que o levaron a escribir miles de libretas e guións para Hollywood.

Wagner cos cartos dos filmes voltou á Confederación Xermánica xa medio invadida polos prusianos e co amor/admiración do rei Luís II de Baviera escribiu miles de óperas sobre cabaleiros andantes, amores que acaban mal e valkirias tetudas. Coma director de orquestra Cosima pareceulle ver que Ricardo lle chiscaba ollos ás cantatas e demais frescas que ían onda o mestre a canturexar asi que os levou para Bayteuth alá ó monte onde só recibían visitas de Friedrich Nietzsche ata que Ricardo convertiuse ao Cristianismo e incluso Nietzsche marchou do seu lado, finalmente Ricado morreu en cheiro de santidade.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Richard Wagner.

Outros artigosEditar

Modelo:Óperas de Richard Wagner