Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Rexurdimento

O Rexurdimento foi un colectivo sonoro feito por uns cantos culturetas da burguesía galega a finais do século XIX en Galicia.

Entre os seus integrantes estivo Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Eduardo Pondal e a mente pensante e coordinadora de Manuel Murguía (que tanto fixo como mánager do grupo como de dealer, psicólogo e letrista/intérprete). Aínda que ese último non soe estar recoñecido pola Academia nin pola revista Rolling Stone como integrante do grupo porén é membro de pleno aínda que apenas escribiu en galego foi mestre do saber gay e iso abriu moitas portas e memso fxo resucitar a grupos anteriores, como os Precursores.

Índice

BiografíaEditar

Inicios e primeiros albumesEditar

 
primeiro disco do Rexurdimento.

Manuel Murguía andaba cos da Cova Céltica facendo a ouija a ver se lles decía Napoleón Bonaparte onde estaba o tesouro que roubaran súas tropas da catedral celta de San Martiño de Mondoñedo (Foz, Lugo) nembargantes aparecéuselles Bernardo González del Valle Cachamuíña e deulles unha collega por andar a perder o tempo mentres Madrid convertía a Galiza nunha colonia interior (Unha "provincia" na terminoloxía de entonces) asi que Manuel Murguía saeu de farmacia láudano en man e partiu á procura dos bravos galegos que habían espertar a naçom de Breogán do seu sono.

Indo polas rúas de Santiago de Compostela bateu cun grupo de estudante xaraneiros pero só puido pillar un, era Eduardo Pondal que andaba de afters cos amigos universitarios coma el, prendeuno Murguía e segiu a súa xeira salvadora, nun cruce de camiños capturou a Valentín Lamas Carvajal que andaba facendo de paparazzo por ser novato, subindo pola porta da mámoa meteulle unha zancadela a Curros Enríquez e con estes presos foi visitar á súa moza.

Cando chegou á casa de Rosalía de Castro parecía o mesmísimo deus Bandua de tanta xente que traía pillada polas orellas atrás del. Sentounos a todos na lareira e tras hipnotizalos conseguiu fundar un grupo musical duradeiro e púxoos a ensaiar algunhas composicións que Rosalía fixera tempo atrás pero non se atrevera a publicalas. candoa inspiración parecía faiar entre os rexurdidos Murguía ía apor mais láudano á botica e así saíron os discos "Cantares Gallegos", " A virxe do Cristal metanfetamínico", "A camá dos collóns". mas estes discos non tiveron moito éxito ao principio debido a que o goberno de Manuel Fraga pensaban que eran como os do rock radical vasco e algo e tarras asi que vetou a súa publicidade na TVG e na Radio Galega, polo que tiveron que pasar variso anos ata que conseguiron fans e groupies.

Contrato coa Matria e éxito dos 70Editar

Mais o éxito ao final chegoulles, e grazas á laboura propagandística de Murguía e o espectáculos que daba Rosalía en cada sarao moi dicharacheira e simpática coa prensa, fixo que comezaran a ser recoñecidos e finalmente Fraga enviou a varios secretarios xerais e conselleiros escoitar/ler a obra destes paisanos e cando viron que non había ningunha referencia políticosocial nin administrativa decidiron a poñelos por fin na Radio pública e na Telegaita, pero aínda así vixiados, non fora ser que ergueran o puño en alto como fixeran no Banquete de Conxo.

Conseguiron un contrato con Matria Records, unha discográfica fundada por Murguía tras convencer a varios bancos españois que se levaban os cartos dos emigrantes galegos, de faceren unha empresa cultural e así Rosalía, Eduardo, Manuel e Vicente pecháronse pra escribiren a gusto os próximos traballos, que saíron tras moito Licor Café, putas e puros habanos que se traía o Curros Enríquez. Sacaron do maxín os discos: "Follas novas ou follas a vellas?", "Aires contaminados da miña terra", "Queixumes dos eucliptos", "O Tío Marcos da Portela non deixa pasar á cadela" que lles deu mais fama ao longo dos séculos pero que non entaron como materia de estudio na educación pública ata que Deus se levou a Franco e a uns cantos imperialistas canda el.

TemáticaEditar

 
Cd cover de Follas Novas..

Seus traballos sempre foron en galego (aínda que Rosalía tamén escribiu en castelán e deixou de escribir en galego cando a puxeron a parir por amosar ó resto de España de que en Galicia a moral sexual era mais relaxada) e trataron temas sociais (emigración, imperialismo castelán, ditaduras, miseria, atraso institucional da Galicia, ecoloxismo, supersticións, o cacique...) mitolóxicos (coa pouca mitoloxía celta que se coñecía por entón tentaron resucitar a mitoloxía castrexa en plan Manowar, sobre todo Pondal), inclinacións humanitarias e aires costumbristas e nostálxicos.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rexurdimento.

Outros artigosEditar